Actividades de secundaria

CONFERENCIA DO DR. JULIO GONZÁLEZ DÍAZ

 

O 24 de febreiro de 2014, partir das 12.40 horas no salón de actos do CPI de Castroverde terá lugar unha conferencia de Julio González Díaz, que investiga sobre optimización e teoría de xogos. Pode asistir calquera persoa que estea interesada. O Dr. Julio González, realiza labores de asesoramento a diferentes empresas para a eficiencia no manexo dos seus recursos (optimización). Traballou durante tres anos na Universidade de Northwestern, en Chicago.

Parte I. GUERRA E PAZ, OPTIMIZACIÓN: o obxectivo desta charla será facer unha introdución ó campo das matemáticas chamado "Investigación Operativa". Concretamente, centrarase na optimización matemática, situándonos nos anos do seu florecimento inicial durante a Segunda Guerra Mundial. Na última parte comentarase algunha curiosidade matemática.

Parte II: GUERRA E PAZ, TEORÍA DE XOGOS: esta parte falarase da outra rama da "Investigación Operativa", a teoría de xogos. Novamente, contextualizarase a charla na Segunda Guerra Mundial.Tamén aquí, na última  parte comentarase algunha curiosidade matemática.

Julio González participou no programa de televisión "Los Increibles"VÍDEO DO MOMENTO NO QUE GAÑA O CONCURSO.

CAMIÑATA AO CASTELO DE CASTROVERDE

09/01/2023

CAMIÑATA AO CASTELO DE CASTROVERDE

Distribuir contenido