Actividades de secundaria

XORNADA EN CERCEDA

Que dura é a vida dun estudante, e sobre todo a fin do curso.

CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CARREIRAS DE ORIENTACIÓN

Na foto aparecen as alumnas do CPI de Castroverde que participaron o pasado sábado, 6 de xuño de 2015, no Campionato Galego Escolar de Carreiras de Orientación celebrado en Vigo.

 

O seu profesor de educación física, Javier Liz, que as acompañou neste actividade, felicita a todas elas pola súa boa actuación. 

 

Parabéns!

A MULLER NA LITERATURA ESPAÑOLA

As alumnas de 4º ESO PDC, Uxía, Iris e Nicole realizaron un breve traballo sobre as mulleres ó longo da literatura para mandalo ó concurso ESDELIBRO. Céntrase principalmente na forma de vida e costumes da Idade Media.

CARREIRA DE ORIENTACIÓN

 O alumnado de 1º e 2º de ESO participou nunha carreira de orientación, no Campus de Lugo, como parte das actividades organizadas polo xefe do Departamento de Educación Física, o profesor Javier Liz. Achégase enlace a fotos de diferentes momentos da súa participación.

Distribuir contenido