Actividades de secundaria

EUROVISIÓN NA CLASE DE FRANCÉS

Co gallo do concurso Eurovisión, o alumnado de francés de 3° ESO tivo o seu momento de gloria na clase... 

 

Fixemos  unha actividade inédita de karaoke, xa que o departamento de francés mercou recentemente material para ese fin. Moitos risos houbo!

SAÍDA DE 1º DE ESO A O CASTRO DE VILADONGA

O martes 9 de maio, o alumnado de 1º da ESO realizou unha saída ao Castro de Viladonga onde estiveron toda a mañá. Alí dividíronse en dous grupos para realizar diferentes actividades: mentres un grupo realizaba un taller de numismática, o outro grupo visitaba o museo. A media mañá, que saíu o sol, fixeron un descanso ao aire libre, para, posteriormente, visitar a croa do castro. Seguidamente cambiaron os papeis e o grupo que visitou o museo, realizou o taller, e viceversa. Unha mañá estupenda, moi práctica e educativa.

VISITA Á COVA DA VALIÑA

O venres 5 de maio, o grupo de 1º da ESO visitou á Cova da Valiña, en Bolaño. Esta actividade foi posible grazas á amabilidade do grupo arqueólogos e unha arqueóloga que estiveron traballando nela durante unha semana. O doutor da Universidade de Santiago de Compostela, Arturo de Lombera, facilitounos a visita e explicoulle ao alumnado os principais achados descubertos na cova. Están buscando evidencias da presencia humana na cova, na que se atopan moitos restos de animais que viviron nela durante o paleolítico superior (hienas sobre todo, pero tamén ósos, raposos, corzos...) pero poucas evidencias humanas (instrumentos líticos) e ningún óso humano, o que impide saber con certeza de si se trataba de neandertais (como se indica no cartel) ou, o que parece máis probable, se trata de homo sapiens sapiens. Outros arqueólogos ensináronnos, no antigo colexio de Bolaño, os ósos e a industria lítica atopada.
Grazas a todo o equipo pola súa amabilidade, polo seu tempo e pola experiencia tan interesante que nos permitiron vivir.

 

Distribuir contenido