Actividades de secundaria
ANDAINA POLO CAMIÑO PRIMITIVO
No CPI de Castroverde fixemos unha andaina polo Camiño De Santiago Primitivo, Castroverde-Vilalle-Vilabade. Visitamos a Igrexa de Santa Maria de Vilabade. E finalmente de volta ao CPI recuperamos forzas coa froita que adoitamos comer no recreo (e que tan apetecible está sempre preparada polas cociñeiras do comedor). Fixemos máis de 15 km!! FELIZ DÍA DA EF NA RÚA!
CONCURSO CARTA A UN MILITAR ESPAÑOL
Un alumno deste centro recibiu o segundo premio provincial do concurso Carta a un Militar Español. Vémolo recollendo o galardón e co resto dos premiados e Lugo.
VISITA AO VELLO CÁRCERE, TEATRO E MUSEO
Alumnos de 3º e 4º de ESO foron a Lugo ver unha representación da traxedia grega Hécuba, dentro do festival de teatro greco-latino. Tamén visitaron o vello cárcere e o museo provincial.
CONFERENCIA DE ALBERTE CASTRO PONTE
Alberte Castro Ponte é Dr. Inxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, Profesor Contratado, Doctor na Área de Inxeñeiería e Infraestrutut¡ra dos transportes da Escola Politécnica Superior da Universidade de Santiago de Compostela. O luns 29 de xaneiro deu unha conferencia sobre sistemas Intelixentes de Transporte para 3º e 4º de ESO.