Actividades de secundaria

EXCURSIÓN A ASTURIAS

Alumnos e alumnas de 3º e 4º foron a Asturias onde visitaron o Museo da Minería.

XI OLIMPÍADA TECNOLÓXICA

A Escola Politécnica acolleu a XI Olimpíada Tecnolóxica, co título de «Imaxina, investiga, descubre, enxeña». Participaron alumnos de Cervantes; do Gregorio Fernández, de Sarria; do Leiras Pulpeiro (Lugo); de Seoane do Courel; de Castroverde; do San Tomé de Carballo (Taboada); e do IES Pedregal de Irimia (Meira).

En 2.º da ESO gañou o equipo «Engrenaxe», composto por Iago Durán, Lucía Cortón, Claudia Gallego, Abdellah Amanchar, Amelia Pérez, Carla Rodríguez e Adán García.

De 3.º da ESO gañou o equipo «Freeware», composto por Helena Silva, Iago Gómez, Lucía Portela, Jesús Fernández, Eros López, Laura Suárez e Andrés Arias.

De 4.º da ESO venceu o equipo «Transistor», formado por Jennifer Fernández, Iván Fernández, Pablo Pin, Manuel Díaz e Cecilia Moure.

VIAXE ÁS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

O 22 de maio os alumnos/as de 1º e 2º ESO visitamos a central térmica de Endesa e o lago artificial nas Pontes de García Rodrígez. Un guía explicounos o funcionamento básico das partes da central representada por unha maqueta, logo repartiunos cascos de seguridade e tapóns para os oídos, e iniciamos un percorrido exterior, empezando pola visita ao parque de carbón, onde almacenan este combustible procedente de Indonesia e EEUU. As nosas costas quedaba a cheminea de 356 m de alto que a converte na máis alta de Europa. Despois visitamos unha torre de refrixeración da auga de condensación do vapor, xa no interior da central vimos turbinas e alternadores, e por último a sala de control.

Para rematar visitamos o lago artificial, que se creou a raíz dos traballos de recuperación e rexeneración da mina a ceo aberto que ocupaba o lugar do lago, para enchelo empregaron as augas do río Eume, que pasa pola localidade, así como a acumulación das precipitacións., conseguindo un lugar que conta cunha gran diversidade animal e vexetal, coas mesmas especies que hai no río, sobre todo troitas, e tamén se consolidou  como hábitat natural para un gran número de aves.

Distribuir contenido