Actividades de secundaria

VIRTUTEATRO

Sesión de teatro virtual en 4º de ESO

POESÍA NO CASTELO

O mércores 7 de abril, o grupo de 3º de ESO saiu recitar as coplas de Jorge Manrique á Torre da Homenaxe e a profesora Nanda explicou algo da súa historia. 

Un día de sol luminoso para uns estudantes que foron medievais por unhas horas.

CARTA A UN MILITAR ESPAÑOL

Gañador e finalista do centro, no concurso Carta a un Militar Español.

ENCONTROS FRANCOESPAÑOIS


As restriccións de mobilidade que estamos a sufrir pola COVID non as temos que ver coma unha limitación para facer intercambios de linguas, o único que hai que facer é aproveitar ás circunstancias para reinventarse. Con este ánimo o departamento de francés ideou un intercambio virtual.

Polo tanto neste curso, o alumnado de 3º ESO está a facer 2 intercambios con 2 institutos franceses. Un co sur de Francía ( co IP Les Ferrages, Saint Chamas) coa temática da cociña xa que é un centro educativo de hostelería e outro coa Bretaña francesa (co collège Pierre Stephan, Briec). O alumnado está moi motivado e isto vai vento en popa:

Co centro de Saint-Chamas o alumnado xa intercambiou cartas, receitas e videos caseiros de cociña. Ademais, está no aire un proxecto con e.twinning.

Co centro de Briec, o alumnado enviou varios videos con distintas temáticas, cartas de nadal e ademais realizaron 2 videoconferencias dende o mes de xaneiro. Proxéctase facer traballos colaborativos en grupos mixtos francoespañois durante o 3º trimestre para fomentar a interacción.

Distribuir contenido