Actividades de secundaria
SAÍDA A MONFORTE DE LEMOS
O día 10 de febreiro, o alumnado de 3º da ESO realizou unha saída para visitar distintos puntos de interese en Monforte. Acompañados por dúas profesoras e polo auxiliar de conversa, visitaron en primeiro lugar o Pazo de Tor, onde puideron aprender unha chea de cousas sobre a baixa nobreza galega dos últimos séculos, da man de dous excelentes guías que contestaron a todas as súas preguntas.
O grupo visitou tamén a Torre da Homenaxe de Monforte, tamén acompañado por un guía, onde puideron aprender diferentes aspectos sobre estas construcións defensivas e de prestixio da Idade Media e sobre as guerras Irmandiñas, ademais de apreciar a impresionante paisaxe que se pode contemplar dende o alto da torre.
Baixaron camiñando polo casco vello, cruzando pola xudería, onde a profesora de xeografía e historia lles explicou algunhas nocións sobre o urbanismo medieval.
Despois de comer e descansar brevemente nun parque xunto ao río Cabe, os rapaces e rapazas de 3º da ESO, puideron gozar da visita ao museo do ferrocarril, onde realizaron unha nova visita guiada, na que viron varios vagóns históricos e se desprazarían nun tren, realizando o cambio de dirección sobre unha plataforma xiratoria.
Esperamos que aprenderan moito e lles quede un bo recordo.
SAÍDA A VILADONGA
O mércores 19 de xaneiro de 2022, o alumnado de 1º da ESO visitou o Castro e o Museo de Viladonga.
Guiado por unha técnico do Museo do Castro de Viladonga, o alumnado de 1º da ESO aprendeu como vivían os habitantes dun castro da época prerromana e romana. A través dunhas actividades moi prácticas, realizadas en grupos de 4 , puxéronse na pel dun arqueólogo ou arqueóloga, e investigaron diferentes aspectos dos restos das vivendas excavadas na croa do castro. Visitaron tamén o museo, onde a través da visualización dun vídeo e do percorrido polas diferentes salas do mesmo, aprenderon moitos aspectos interesantes da vida dos castrexos e castrexas.
Para quen teña curiosidade, está accesible na web, a visita virtual no seguinte enlace:
400 ANOS DO NACEMENTO DE MOLIÈRE
O centro celebra os 400 años do nacemento de Molière, que foi unha figura fundamental do teatro francés na época do rei Sol en Francia. Para a ocasión, a biblioteca propón a lectura dunha banda deseñada que explica a vida de Jean-Baptiste Poquelin e presenta as súas obras máis importantes. O alumnado de francés de 4°ESO participou na exposición e completou un cuestionario de comprensión escrita.
MÁIS INNOVACIÓNS NAS CLASES DE FRANCÉS!
Parece que estamos nunha pelicula futurista!
As novas tecnoloxías abren as portas a novas estratexias pedagóxicas: o alumnado de francés e de latín practica as TICs de xeito transversal en clase cun teclado máxico !
O alumnado está a probar o teclado virtual: tecleamos directamente na mesa onde aparece o teclado en luz vermella! Ademais de funcionar, é sorprendente, versátil e divertido. Permite manter as normas Covid xa que facilita a limpeza entre cada uso. Agora hai voluntarios de sobra para escribir e corrixir!
O FRANCÉS CON GAFAS DE REALIDADE VIRTUAL!