Actividades de secundaria

DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

En titoría de 2º de ESO conmemoramos o día 3 de decembro, DÍA DA DISCAPACIDADE.

 

CHARLA SOBRE O XUDEO-ESPAÑOL

O luns 20 de novembro o alumnado de 3° de ESO, nas aulas de Lingua Castelá, asistiu a una actividade sobre o xudeo-español e os sefardís, impartida por Inma, profesora de Francés e Latín do noso centro e gran coñecedora desta temática.

 

Alén das moitas cousas que aprendemos sobre o xudeo-español, tamén nos ensinou a escribir os nosos nomes en hebreo!

ENCONTRO CON MARÍA SÁNCHEZ

O pasado 2 de novembro todo o alumnado da ESO tivo a oportunidade de falar coa autora María Sánchez sobre o seu libro Almáciga, co cal tiñan traballado previamente na clase. A autora tamén lles falou doutros temas como das súas outras obras Tierra de Mujeres e Cuaderno de Campo.

Distribuir contenido