Actividades de secundaria
PRIMEIROS XORNALISTAS
Para conmemorar a Semana da Prensa e mais o 8M o alumnado de 4° levou ás aulas de Lingua Castelá figuras das primeiras xornalistas galegas, moitas delas pioneiras do movemento feminista.
Así mesmo, realizou unha exposición das mesmas que se poderá ver no corredor das aulas de Secundaria.
SEMANA DA PRENSA
Durante a Semana da Prensa (do 4 ao 8 de marzo), o alumnado da ESO dedicou varias sesións da materia de Lingua Castelá a ler o xornal e a realizar diversas actividades partindo de textos xornalísticos.
LAS LITERATAS. CARTA A EDUARDA, ROSALÍA DE CASTRO
El alumnado de 4° da ESO realizou, na materia de Lingua Castelá, unha tertulia literaria sobre o texto "Las literatas. Carta a Eduarda" de Rosalía de Castro.
Este texto trata varios temas, pero nós centrámonos sobre todo en analizalo en tanto que é un texto pioneiro do feminismo en tanto que expón a situació n das mulleres escritoras da época.
MAXIA NO FESTIVAL DE CASTROVERDE
Toda a ESO disfrutou neste último día antes das vacacions da actuacion de Joshua Kennet co seu espectáculo de maxia e ilusionismo.Este mago guirigalego ,como el mesmo se define, nos fixo vibrar coas súas habilidades e trucos.
A mestura dunha posta en escena tremendamente visual e das súas artes ,donde non faltaron ata as sombras chinesas, fixeron que o alumnado voara coa súa imaxinación no mundo da maxia e a fantasía.
Que gran espectáculo! Cómo desfrutamos!