Actividades de primaria

ÁNXELA GRACIÁN E DANIEL DÍAZ

Ánxela gracián e Daniel Díaz compartiron cos alumnos e alunas de 3º a 6º de primaria uns momentos moi interesantes e cheos de creatividade. Faláronnos da súa colaboración no libro "A Pinga de Choiva" e doutras obras da autora e sobre todo de como nace un conto ilustrado e como vai tomando forma ata que chega ás nosas mans. Fai clic para ver as fotos.

EXCURSIÓN Á MARIÑA LUCENSE

Excursión á Mariña Lucense das nenas e nenos do 1º Ciclo de Primaria
O día 28 de maio as nenas e nenos de 1º e 2º de Primaria viaxamos ata a estación de FEVE en Ribadeo e alí collemos un tren ata Burela. No porto de Burela vistamos o Barco Museo Reina del Carmen e logo fomos xantar á área recreativa Ponte de Ferro de Fazouro. 

O CPI DE CASTROVERDE GAÑADOR DO CONCURSO DE DEBUXO DE AVIFAUNA

Daniel e ÁLvaro son os dous ganadores, nas categorías infantil e xuvenil, do II Certame de Pintura Infantil e Xuvenil Avifauna. Recibiron o premio o xoves 30 de abril na sala de exposicións da Deputación Provincial de Lugo.

 

Distribuir contenido