Actividades de primaria
PROGRAMA DE RADIO CON XOGADORES DO BREOGÁN
O alumnado de 5º visitou o 2 de Maio pola tarde "Marzo Saúde" de Castroverde para asistir a gravación en directo do programa de radio "Ser Deportivos" coa asistencia da xogadora do Ensino Lugo Raquel Asensio e dos xogadores do CB Breogán Salva Arco, Ricardo Uriz e Sergio Quintela, este último de Castroverde, aos que lles fixeron preguntas sobre aspectos deportivos, estudos, etc.
Podedes escoitar o programa en http://play.cadenaser.com.
Visita do alumnado de 3º e 4º a Café Candelas, O Progreso e Leite Río.
O alumnado de 3º e 4º de primaria realizou onte unha visita as distintas empresas do polígono do Ceao en Lugo. Visitaron o Progreso onde puideron observar o proceso de elaboración dun xornal así como ver as distintas máquinas que empregan para iso; leite Río onde comprobaron como envasan a leite e separan para obter as distintas variedades e café Candelas onde moi amablemente explicaron o proceso de tostado do café e puideron observar en directo dito proceso.
Moitas gracias as tres empresas que empregaron parte do seu tempo para que o alumnado aprendese moitas cousas en pouco tempo!
Nadal no cole!
Os alumnos e mestres traballaron moito para decorar todos os recunchos de primaria. Nadal no cole!!