Actividades de primaria
DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
Celebramos o día dos dereitos da infacia, entre otras cousas, coa realización destes murais en EI e Primaria.
VISITA DAS XOGADORAS DO ENSINO LUGO
O luns 20 de novembro recibimos a visita de Ceci Mahute e Bea Sánchez, xogadoras do Ensino Lugo de baloncesto, e pasamos un momento moi agradable falando do traballo destas fabulosas deportistas, do seu día a día, os seus estudos, etc. Aconselláronnos estudar, alimentarnos ben, descansar e facer deporte. E convidáronnos a ir a un dos seus partidos coas nosas familias.
ENCONTRO LITERARIO CON MARÍA SÁNCHEZ
Texto: Na materia de Lingua Castelá, estivemos traballando co libro Almáciga da autora María Sánchez. Nel a autora recolle unha serie de palabras do ámbito rural en risco de desaparecer e constrúe así o seu pebideiro de palabras, a súa almáciga. Nós, convidados pola autora, tamén estamos a procurar as nosas palabras-semente.
O próximo 2 de novembro falaremos con ela sobre este tema.
SAMAÍN EN 5º E 6º
Celebramos este Samaín con arrepiantes historias. Preme no enlace para escoitalas de man de moitos de nós.
ENLACE AOS VÍDEOS. ARREPENTIRASTE!!!!!
DÍA DA FAMILIA EN 1º DE PRIMARIA
No día da familia (15 de maio) o alumnado de 1º de EP realizou unha representación da súa familia que xa fixera en 6º de EI, a maiores, grabou un video contando quen é a súa familia para eles e porqué son importantes. Ese video está enlazado cun código qr e posto na portada do traballo.