Actividades de infantil
GRAFISMO CREATIVO CON ELMER
Na outra actividade do conto de Elmer consistía en colorear unha imaxe de Elmer de moitas cores, e despois pegar gomets cadrados de cores: verde, amarelo, azul e vermella. Unha vez acabado esto, tiñan que facer trazos horizontais e verticais, tendo en conta que non podian pasar por enriba da figura de Elmer. Este foi o resultado.
GRAFISMO CREATIVO CO COELLIÑO BLANCO
Seguimos co grafismo creativo, e nesta ocasión traballamos co libro titulado O Coelliño Branco. Nesta ocasión traballamos o esquema corporal, o trazo vertical e horizontal, ademais do círculo. Neste video podédelo ver.
GRAFISMO CREATIVO CON CORRE, CORRE CABACIÑA
O alumnado de 3 anos, da aula das curuxas, estamos a traballar o grafismo creativo, case dende que empezamos no cole.
Cada xoves, vamos á biblioteca do centro e escollemos un libro para levar todo o fin de semana, pero tamén usamos os da nosa bilbioteca de aula, para traballar o grafismo.
Empezamos no Samaín co libro titulado Corre, corre cabaciña. Con el traballamos o círculo. E este é o resultado.
EIRUGAS QUE SE TRANSFORMAN EN BOLBORETAS. TRABALLANDO A PRIMAVERA
Experimentos con gusanos e mariposas.
Tamén traballamos conceptos lóxicos cun lince de primavera, conteo de pétalos e vermes que coloreamos en función do número inficado ou de que saía no dado.