Actividades de infantil

A CEBRA CAMILA EN NEGRO

E como tiñamos moita curiosidade en saber onde pintabamos coa cera branca collemos unhas cartolinas negras e fixemos trazos horizontais coa cera branda. Eso si, tiñamos que saltar a cebra feita coas nosas mans creativas pintadas de témpera branca estampandoas na cartolina negra.

HASTA QUE PODAMOS ABRAZARNOS

Hasta que podamos abrazarnos  é o seguinte libro co que traballamos o grafismo. É unha continuación do anterior libro. Agora traballamos o trazo vertical de abaixo hacia arriba ó redor dun ourizo feito cas nosas mans creativas.

EL ABRAZO

Con este título: El abrazo, traballamos o trazo ó redor da figura cadrada. E así de bonitas quedaron as nosas tartarugas!!

WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE LA PAZ

Na aula de 3 anos seguimos co grafismo creativo. Para celebrar o día da árbore traballamos co libro de Wangari y los árboles de la Paz. Con este libro falamos  tamén da importancia que teñen as árbores para os humanos e da figura de Wangari,  que foi a primeira muller  africana á que se lle adicou o Premio Nobel  da Paz en 2004.

DÍA DO LIBRO NA CLASE DE 4º DE E.I.

Na aula de 3 anos celebramos o Día do Libro deste xeito!! Esperamos que vos guste!! Viva o día do libro tódolos días!!

 

Distribuir contenido