Actividades de infantil

DÍA DO MEDIO AMBIENTE EN EI

O alumnado de infantil celebramos o DÍa do Medio Ambiente facendo un mural e reciclando tapas de plástico das nosas merendas.

COMPARTIMOS O NOSO SABER E BO FACER ARTÍSTICO COAS NOSAS FAMILIAS

Na clase de 3 anos traballamos sobre as obras de Yayoi e Van Gogh e levamos os nosos cadros nun bonito libriño para compartilo coas nosas familias. Por medio de códigos QR podemos acceder ás obras de arte nas que nos inspiramos.

APADRIÑAMENTO LECTOR

Nesta ocasión, o alumnado de 6 de Ed. Primaria volveron á aula de 6 Ed. Infantil para facer os Apadriñamentos Lectores. Como sempre... Un éxito!!!

DÍA DA FAMILIA

Este ano, o alumnado de 3 anos quixemos celebrar o día da familia, 15 de maio, deste xeito. Quero agradecer ás familias a súa aportación de fotos para que os seus fillos e fillas poidesen levar a cabo esta actividade tan emotiva para eles. De novo, moitas gracias por colaborar sempre comigo, en todo o que se vos propón.

Distribuir contenido