Xerais do centro
Stemlab Galicia
O alumnado de 5º e 6º de primaria xunto co de 1º e 2º da ESO asistiron o venres en Santiago ao Stemlab Galicia ( Science, Technology, Engineering and Mathematics (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) onde estaba exposto o traballo científico tecnolóxico de moitos centros galegos.
ACTIVIDADES DE PASCUA
Para celebrar a pascua, o alumnado de infantil, primaria e secunaria realizou diferentes manualidades expostas durante estes días na entrada do centro así como actividades deportivas.
Boas vacacións!!
Día internacional da muller
O día de hoxe, o alumnado de educación primaria e secundaria realizou a súa aportación ao día da muller traballadora cos distintos murais e traballos.
Así mesmo, o alumnado de secundaria asistiu a unha mesa redonda presidida por mulleres de diversas actividades laborais as cales aportaron as súas vivencias no seu día a día.
FORMACIÓN EN REANIMACIÓN CARDIOPULMONAR
Esta última semana de febreiro tivemos sesións de formación para alumnado, profesorado e familias en RCP.