Xerais do centro
PRESENTACIÓN DO LIBRO "PALABRAS MAYORES"
Emilio Gancedo é o autor do libro "Palabras mayores". Nel aporta testimonios de personas maiores de tódalas comunidades de España. Un deses testimonios é o de Baldomero Pestana, fotógrafo e pintor de Castroverde, recentemente falecido, que compartiu con nós unha emotiva xornada no curso 2011/2012.
Durante a presentación vimos un vídeo de homenaxe a B. Pestana e Emilio Gancedo contounos como xurdiu a idea de facer este libro e anécdotas moi interesantes que lle relataron algúns dos protagonistas.
IBIAS LENGUAS Y CULTURAS
Alumnas, alumnos e profesoras do CPI de castroverde, coa colaboración de dúas alumnas de prácticas, participamos na sexta Fista de las Lenguas, que se celebra no CPEB Aurelio Menéndez de San Antolín de Ibias, en Asturias. Este ano está dedicado á Antártida, ao ärtico e ás culturas da neve.
O noso centro participou cunha obra de teatro titulad "Stone Soup" (4º de primaria), un karaoke da canción "Lemon Tree" de Fools Garden (5º de Primaria) e un vídeo de presentación do noso centro e dos concellos de Castorverde e Baleira (3º de ESO).
No blog do CPEB Aurelio Menéndez podedes ver as fotos do evento: http://www.connioibias.com/blog/