Xerais do centro
CARREIRA SOLIDARIA
É unha xornada deportiva e solidaria que esperamos que sexa do agrado de toda a Comunidade Educativa.
A “I Carreira Solidaria do CPI de Castroverde” realízase no marco das accións de cara a un “Proxecto de Vida Activa” para o CPI de Castroverde, e está englobado no Proxecto Deportivo de Centro. Ademáis, a elaboración de este tipo de actividades contémplase no currículum da materia de Educación Física, tanto no apartado de organización de competicións deportivas, como no de coñecemento das posibilidades de práctica deportiva que ofrece a contorna. Pero ademáis, nesta ocasión, contamos co soporte da ONG Save the Children, na súa XIV edición da carreira “KIlómetros de Solidaridad”. A inscripción da proba, gratuíta, contempla a posibilidade de facer unha doazón de entre 0,50 e 5 €. O cartos recaudados serán destinados á campaña que se leva a cabo en Sudán do Sur, onde foi declarada a hambruna por parte das Nacións Unidas. A data de celebración, reflicte o enfoque da nosa acción: o día 20 de Novembro é o Día Internacional dos Dereitos do Neno; e co noso esforzo contribuiremos a que eses dereitos sexan garantidos en países máis desfavorecidos.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: POLÍGONO DE CASTROVERDE
O percorrido é circular, na súa maioría por beirarrúa, estando situado o público e persoas que non participan nese momento na carreira no interior do propio percorrido. A lonxitude dunha volta completa ao circuito é de aproximadamente 900 metros.
¡Moitas grazas pola vosa colaboración!
ACTIVIDADE DO 8 DE MARZO
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Unha das actividades que se está a realizar no centro para conmemorar o día da muller traballadora é encher os taboleiros do corredor de secundaria con mulleres traballadoras da nosa contorna. Mulleres que para nós son especiais e un exemplo a seguir.
Calquera membro da comunidade educativa pode participar ao longo desta ou da próxima semana, enviando o seu exemplo de muller traballadora ao correo nandacastroverde@gmail.com, para ser imprimido e colocado xunto co resto de mulleres.
Exemplo: