EXCURSIÓN A BURELA
A pesar da choiva e do mal tempo marchamos de excursión e todo foi ben. Visitamos Alúmina onde aprendimos o proceso para facer o aluminio e a grande cantidade de enerxía que se precisa. Vimos un vídeo e fomos pola fábrica no autobús cun home da terra que traballa alí e que nos explicou todo moi ben. El e o seu compañeiros fóronnos explicando todo o proceso de transformación, as medidas de seguridade, os riscos, o intento de non contaminar…alí plantamos unha árbore e regaláronnos unhas camisetas e un pouco de aluminio das probas de resistencia. Despois fomos a Sargadelos e nos asombrou o tratamento bastante manual das pezas. Vimos como ían pintando e repasando peza a peza. ¡Menudo traballo!. Despois comimos, paseamos e fomos o concurso de Robótica e logramos programar os ordenadores robots…¡Incrible!
MAGOSTO 2010/11
No mes de outubro tivo lugar no Centro o Magosto onde viñeron pais e compartimos entre todos as castañas que trouxeron os nosos nenos para a festa. Pasamos unha tarde boa e mesmo algúns rapaces con Cándido aproveitaron para cantar e tocar o acordeón. Non faltou de nada, mesmo tiñamos un pequeño mercadillo con cousas feitas polos alumnos de 4ºEso para ter cartos para a súa excursión á neve. Tamén entregáronse os premios da festa de Alojen e fíxolles ilusión tanto os pais coma os seus fillos. Unha boa xornada de unión entre tódolos menbros da Comunidade escolar.
VISITA AO MUSEO PROVINCIAL E Á EXPOSICIÓN "RÍOS DE GALICIA: TESOUROS DE VIDA"
O día 23 de setembro do 2010 o alumnado de 3º e 4º ESO fomos ao Museo Provincial de Lugo. Ao chegar distribuirónnos en dous grupos: o alumnado de terceiro visitamos o claustro, a cociña, os mosaicos e alguna lápida funeraria de relevancia; mentras o alumnado de cuarto aprendía outro xeito de ollar os cadros e algunhas nocións básicas sobre arte. Logo acodimos á Deputación, para visionar o documental “Augas vivas de Galicia” que estuda os ecosistemas fluviais galegos e gozar da exposición fotográfica “Ríos de Galicia: tesouros de vida”, ambas englobadas na actividade de centro “Os nosos ríos...fonte de vida”
REVISTA SEMENTEIRA
Está na rúa a revista SEMENTEIRA onde se recollen algunhas das actividades realizadas durante o curso 2009/2010.
EDUCACION INFANTIL:RUTA DO CAMIÑO PRIMITIVO
Ruta do camiño primitivo por Castroverde, dende a fonte do Trabado ata o Concello.