HISTORIAS NO KAMISHIBAI

Diseño

O día 18 de xuño, o alumnado de 1º e 2º da primaria recibiu unha visita sorpresa de parte do alumnado de 1º da ESO. Visitáronos dous grupos de traballo seleccionados pola calidade do seu proxecto "historias no kamishibai". Un dos proxectos analizou unha narración da mitoloxía da antiga Grecia, mentres que o outro trataba de diferentes aspectos sobre o antigo Exipto. Expuxérono empregando os kamishibai que previamente elaboraran coa profesora Mónica, na materia de tecnoloxía.

DEBUXOS A PARTIRES DO CONTO: UNHA FÁBRICA DE BICOS

Aqui podedes ver os debuxos que fixemos despois de ler o conto da familia de Alicia. Unha fábrica de bicos

LECTURA EN FAMILIAS: CUQUI VAI DE VIAXE

Estamos a rematar  a lectura das familias, e hoxe veu a lernos a familia de Alba. E trouxeron o conto que se titula Cuqui vai de viaxe.  E que aprendemos? Pois que non fai falla levar tantas cousas cando vamos de viaxe, porque o que importa é poder pasalo ben, xunto cas personas cas que viaxamos.

LECTURA EN FAMILIAS: UNHA FÁBRICA DE BICOS

Esta semana voltamos coas nosas lecturas en familia, e desta vez visitounos a familia de Alicia. E para a ocasión escolleron un conto super super... Titulase: unha fábrica de bicos. E que pensades que pasou? Pois que coma sempre nos encantou que as nosas familias se animen a vir a contar un conto. E que aprendemos? Pois que si queremos podemos ter bicos cantos queiramos e de sabores... dos que queiramos, porque no noso interior temos unha fábrica de bicos, para dar a que non queiramos.

Nesta ocasión fomos á aula Maker, espacio que nos encanta, porque ademáis de poder escoitar o conto deitado, sentado, de xeonllos, ou como nos apeteza, ten xogos moi moi moi divertidos. E así tamén aproveitamos para desfrutar deste espazo.  Esperamos volver moi pronto!!!

Distribuir contenido