MATERIAIS INCLUSIVOS

 "A competencia matemática, como todas as competencias, deben traballarse en todas as materias; tamén co alumnado con neae. Este alumnado aprende mellor con materiais manipulativos, especialmente se conseguimos que se acheguen aos seus intereses. Na materia de Xeografía e Historia elaboramos materiais específicos para que este almnado comece a familiarizarse con contidos tales como os que traballamos con estes ascensores: os números negativos. Os "problemas" (orais) que deben resolver son, por exemplo, "se Lady Bag está no piso 2 e Cat Noir no piso -2, cantos pisos debe subir Cat Noir para reunirse con Lady Bag?".

AdjuntoTamaño
WhatsApp Image 2024-11-13 at 15.54.06.jpeg183.89 KB