GRUPOS INTERACTIVOS EN INGLÉS, PRIMARIA

Na clase de inglés de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria traballamos en grupos interactivos dende o mes de outubro, unha sesión por quincena no primeiro trimestre e unha por semana nos dous últimos trimestres. Consistiron en que o alumnado traballaba en grupos heteroxéneos moderados pola auxiliar de conversa, a profesora da materia e, no caso de 3º e 6º pola profesora de apoio. Cada grupo traballaba cunha desas persoas durante 15 ou 25 minutos, dependendo da clase e despois cambiaban de actividade ata realizar as tres ou as dúas actividades preparadas para ese día.

A profesora de inglés era a responsable de preparar o traballo, en coordinación coa auxiliar de conversa, para cada sesión de grupos interactivos. Sempre se procuraba que as actividades da auxiliar se centraran nos aspectos máis orais e que as da profesora de apoio permitiran un traballo máis autónomo do alumnado. O obxectivo principal deste tipo de traballo era que os alumnos se axudadran uns aos outros e que así se puidera dar cabida a diferentes necesidades e se fora o caso, se puidera reducir a dificultade para algunha situación específica. Isto permitiu a inclusión de todo o alumnado.

Na foto vemos mostras de materiais para traballo en grupos interactivos.

AdjuntoTamaño
GridArt_20240601_223022787.jpg9.01 MB
GridArt_20240601_222448829.jpg10.36 MB