SEMANA CULTURAL: BOLIÑOS DE PASAS E COCO
Seguimos esta semana degustando comidas doutras culturas. E esta vez tocoulle ó país africano Mali. Poidemos degustar boliños de coco e uvas pasas que foron un éxito rotundo.
Temos que dar as gracias a Filo polos seus ensaios fóra de horario deste postre , e a Pablo e a Maria José por axudar a elaboralos. Sen eles, que son o personal de cociña do Cpi de Castroverde, non sería posible elaborar todo esto. Moitas gracias por facer estes platos doutras culturas, pero sobre todo polo que facedes a diario, pola comida tan rica, fresca, e variada que temos todos os días. Pola vosa atención, o cariño co que nos atendedes a todxs, o coidado que tedes coas intolerancias e menús especiais que hai que facer, esas manzanillas que tedes aí na cociña, (que son milagrosas), porque son capaces de curar calquera doencia, e que saben tan ben. E tamén queremos ter un especial recordo para Amparo e para Elia, as antigas cociñeiras que fixeron unha labor moi especial con todxs nosoutrxs, e que por diferentes circunstancias xa non están no cole.