APADRIÑAMENTOS CIENTÍFICOS: O QUE AGOCHAN AS NOSAS MANS?

O alumnado de ESO e 6º de primaria, estudaron nesta avaliación, os microorganismos aloxados nas súas mans. 

 

Primeiro, o alumnado de 4º ESO, os nosos científicos máis experimentados, elaboraron medios de cultivo a base de agar-agar, glicosa e proteínas (como fonte de carbono) e logo fixeron cultivos da microbiota das súas mans, antes e despois de lavalas. 

 

A continuación, titorizaron ao alumnado de 2º ESO, e estes últimos ensinaron o procedemento da práctica aos alumnos/as de 6º primaria. 

 

Con esta práctica puidemos observar que o noso corpo funciona como ecosistema, aloxando unha grande biodiversidade de seres vivos: bacterias, protozoos e ata fungos. Estes microorganismos,  desenvolven un papel moi importante xa que nos protexen de patóxenos. Pero en certas condicións pódense reproducir, crecendo, é dicir, aumentando as súas poboacións, o que deriva nunha infección.

 

Por iso, debemos extremar a hixiene, sobre todo cando vaïamos comer, para evitar enfermidades do aparato dixestivo."