WELCOME TO CASTROVERDE,RITU!!

O departamento de inglés  da a benvida en nome de todo o centro á nosa auxiliar de conversa  en inglés, Ritu Chopra.

Esta vez a nosa asistente procede de Nova Delhi, India e non dubidamos nos vai adentrar nunha cultura completamente distinta á nosa. 

Hoxe xa coñecimos algunas peculiaridades da India relacionadas coa relixión, a moeda ou a comida.

O alumnado interactuou con moito interese na rolda de preguntas que resolvían algunhas das súas  curiosidades.

Nos espera un mundo apaixoante nesa fusión  entre o inglés, hindi e o galego.

Vos iremos contando  esta nova aventura desde o departamento  de inglés!! 

See you!