O Samaín 2022 na biblioteca do CPIP de Castroverde!

 

Para comezar o equipo da biblioteca decorou o vestíbulo da biblioteca cunha ambientación de medo e aproveitou para poñer  unha interesante exposición de libros da temática para todas as idades e en todas as linguas: galego, castelán, francés e inglés!

 

Tamén organizou un concurso de relatos curtos e debuxos coa temática "os obxectos que cobran vida durante a noite de Samaín". A participación superou as espectativas e tivemos 4 gañadores! Ademais dos grandes premios, repartiu diplomas de participación a todo/as noso/as pequeno/as artistas! 

 

 
 
O máis destacable destas festas de Samaín 2022 foi a creación do teatro de sombras do voluntariado lector! 
Adaptaron un relato de Xabier Docampo da obra "Cando petan na porta pola noite" e representárono. O alumnado de 3 ESO e unha alumna de 4 ESO encargaronse da posta en escena baixo a supervisión da responsable do voluntariado lector e do equipo de biblioteca. Empregaron un ordenador portátil e un proxector para os efectos  visuais & de son e fixeron de actores. A profesora de francés montou un teatro con cartón reciclado e recortou os personaxes feitos de plástico cun plotter de corte: 100% paciencia & artesanía! 
O alumnado de primaria foi o noso público, quedaron encantados e queren volver á biblioteca para ver máis obras de teatro!
AdjuntoTamaño
VID-20221028-WA0003_480p (1).mp414.41 MB