AGRICULTURA SOSTIBLE

O alumnado do CPI de Castroverde  de 3º de primaria e 2º de ESO está desenvolvendo proxectos sobre agricultura sostible desde o horto escolar. As actividades inclúense nos programas de éxito educativo nos que participa o centro (EDU-SOSTIBILIDADE) e pretenden contribuír a acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU 2030. Principalmente os referidos a:

- Garantir pautas de consumo e produción sostibles.

- Protexer, restaurar e promover o uso sostible dos ecosistemas terrestres, xestionar de forma sostible os bosques, combater a desertificación e frear e reverter a degradación da terra e frear a perda da diversidade biolóxica.

- Adoptar medidas urxentes para previr o cambio climático e os seus efectos.

O alumnado de 3º de primaria vai a plantar verzas ou repolos, auténticos superalimentos galegos, con excelentes propiedades para contribuír a unha alimentación saudable. Máis adiante plantaranse allos, cebolas, leitugas e patacas, despois de recuperar informacións dos maiores sobre a época e as técnicas máis adecuadas para cada cultivo.  Estas actividades mateñen viva a información que transmitiron de xeración en xeración as familias do rural.

 

AdjuntoTamaño
ODS.pdf130.21 KB