APADRIÑAMENTOS CIENTÍFICOS: EFECTO INVERNADOIRO

Os alumnos/as de 6º de Primaria, coa colaboración do alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 3º ESO, este mércores 15 de maio, realizou a actividade correspondente ao terceiro trimestre:

EXPERIMENTO DO INVERNADOIRO

A atmosfera evita os cambios bruscos de temperatura, filtra os raios ultravioleta, contén gases fundamentais para procesos como a respiración e a fotosíntese, etc. É a manta que protexe á Terra.

Pódese decir que a Terra compórtase como un grande invernadoiro, sendo a súa cuberta a atmosfera. As nubes e determinados gases, coñecidos como GEI (Gases Efecto Invernadoiro) entre os que destacan o dióxido de carbono (CO2) e o vapor de auga, son os responsables de que a atmosfera actúe deixando pasar a radiación infravermella do sol, que quenta a superficie, e impiden que abandone directamente a atmosfera. Este efecto é esencial para a vida no planeta, mantendo globalmente unha temperatura media ao redor dos 15 ºC.

A este fenómeno coñéceselle como efecto invernadoiro. Se non existira un efecto invernadoiro natural, a temperatura da Terra sería duns -18 ºC.

O aumento da concentración de certos gases (CO2, O3, CH4, NO2 e CFC) pola actividade humana ou por outras causas, fai aumentar temperatura media da Terra provocando un incremento artificial deste efecto invernadoiro).

Realizouse o experimento no exterior. Un recipiente de vidro incoloro e transparente simulou as condicións da Terra e o efecto invernadoiro (o cristal permite o paso das radiacións procedentes do Sol, pero non o paso das que reflicte o solo do invernadoiro). Dentro colocamos unha planta de leituga e un termómetro e deixamos outra planta e outro termómetro fóra do recipiente de vidro. Rexistramos as temperaturas exterior e interior cada tres minutos nunha táboa e fixemos as gráficas correspondentes a ditas temperaturas para demostrar o efecto invernadoiro.

O día era moi caluroso polo que o alumnado de 6ºEP foi quen tamén de observar como o vidro do recipiente se empapaba como consecuencia da transpiración das plantas.

AdjuntoTamaño
greenhouse.jpg831.63 KB