CLUB DE CIENCIA

Os humanos puidemos trascender as limitacións do noso sentido da vista con ferramentas que fan visible o pequeno e invisible para os nosos ollos. A capacidade de resolución do ollo humano é limitada, xa que só é capaz de percibir obxectos dun tamaño maior de 0,1 mm.

Gracias ao avance da ciencia e a tecnoloxía, actualmente contamos con instrumental especializado que nos permite observar organismos vivos ou estruturas que son invisibles  a simple vista.

O martes, 25 de setembro, os alumnos e alumnas de 5º primaria utilizaron estes dispositivos ópticos (lupas de man, estereomicroscopios e microscopios) para observar os minerais que forman as rochas, insectos ou pelos humanos.

Ollos que non ven, microscopios que o resolven !!!

AdjuntoTamaño
eva.jpg8.05 MB