MARIÑEIROS POR UN DÍA: EXCURSIÓN 5º E 6º DE EP

O alumnado de 5º e 6º de EP participou o día 15 de Xuño nunha excursión á mariña lucense con parada na lonxa de Celeiro, onde lles explicaron o funcionamento da mesma e lles deron valiosos consellos para identificar o peixe. Posteriormente visitaron o helipuerto onde coñeceron de primeira man o traballo da tripulación do "Pesca 2" e o helicóptero que utilizan nas tarefas de salvamento.

Tamén se achegaron ao centro de formación de mariñeiros para, de seguido, xantar ao lado da praia de covas en Viveiro, na cal mollaron os pés e disputaron un partido de fútbol.

Pola tarde tocou visita ao "Museo do mar" de San Cibrao, merenda e volta para o cole.

AdjuntoTamaño
5-6-costa.jpg4.16 MB