APADRIÑAMENTO CIENTÍFICO: DISECCIÓN DUN MOLUSCO (MEXILLÓN)

 

Os alumnos/as de 3º de primaria, coa colaboración dos alumnos e alumnas de 4º de ESO, realizaron a actiividade de laboratorio correspondente ao terceiro trimestre:

DISECCIÓN DUN MOLUSCO (MEXILLÓN)

Nome científico do mexillón: Mytilus edulis   ou

 Mytilus galloprovincialis

O mexillón é un molusco (invertebrado) bivalvo abundante nas costas rochosas e cultivado para o consumo humano. Aliméntase por filtración de partículas de pequeno tamaño que se encontran na auga mariña. As partes máis importantes son: pé, masa visceral, manto e cuncha.

Para protexer o corpo brando  posúe dúas pezas calizas protectoras  chamadas valvas. Estas valvas articúlanse entre elas permitindo  a apertura para alimentarse e o peche para protexerse de depredadores ou da desecación en marea baixa.

Para fixarse no litoral exposto ás ondas do mar posúe unha glándula produtora de filamentos que se pegan ás rochas e resisten a forza das ondas.

Os alumnos/as empezaron estudiando a cuncha e a función das distintas partes e, despois, a anatomía interna identificando e separando os distintos órganos.

 

AdjuntoTamaño
mexillon_1.jpg1.08 MB
mexillon2.jpg1.06 MB