CONFERENCIA E EXPERIENCIAS SOBRE RESISTENCIA DE MATERIAIS
O arquitecto de Castroverde, Marcos Rubinos, deu unha conferencia sobre esforzos e resistencia de materiais. Resultou especialemente interesante que todos os asistentes puideran experimentar con gomas e ver os esforzos de tracción, compresión e flexión. Tamén practicaron con tizas o esforzo de torsión e o ángulo de rotura. Noutro momento visualizáronse os mecanismos da vida cotiá onde o corte ou cizalladura son o esforzo que máis condiciona a forma e dimensións desa estructura.
Os exemplos de estructuras próximas como as cerchas do pavillón polideportivo A Ferreiría, as das torres do tendido eléctrico e outras de vivendas do rural así como os esforzos en máquinas agrícolas, axudaron a entender moitos conceptos de enxeñería e arquitectura que están presentes na vida cotiá.