BUSCANDO A DRAGAL

O 31 de maio os alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO participaron xunto con rapazas e rapaces doutros 5 centros galegos nun encontro no Pico Sacro en Boqueixón onde desenvolveron un xogo de rol para buscar ao último dragón galego “DRAGAL”.Esta representación está baseada no libro do mesmo nome de Elena Gallego e pretende, ademáis de fomentar a lectura en galego, achegar ao alumnado á historia, a arte, á toponimia e á cultura galega en xeral a través do teatro, dos xogos de rol e do traballo en equipo.

Nesta 4ª edición desenvolvéronse dous concursos un de finais alternativos para o final aberto da novela e outro de viñetas sobre un capítulo da mesma, neste último resultou gañadora Helena Silva de 2º de ESO.

PREME AQUÍ OU NO ARQUIVO ADXUNTO PARA VER A VIÑETA DE HELENA.

AdjuntoTamaño
Helena Silva.Viñeta.jpg832.76 KB