ÁNGEL CARRACEDO NO CPI DE CASTROVERDE


O 25 de maio de 2017 o gran científico Ángel Carracedo estivo no CPI de Castroverde compartindo numerosas actividades coa comunidade educativa.

Ás 10.15 horas comezou a experiencia de extracción de ADN de fresas co alumnado de educación primaria. Os nenos e nenas colaboraron ilusionados no desenvolvemento da totalidade da experiencia.

Ás 11.20 comezou a conferencia co alumnado de educación secundaria "CSI MADE IN GALICIA", na que o Dr. Ángel Carracedo explicou maxistralmente a todos os asistentes os descubrimentos máis recentes sobre o xenoma humano, a súa labor científica e investigacións. Tanto as persoas que tiñan coñecementos previos de xenética como os que non puideron seguir perfectamente a exposición pola claridade expositiva e excelente clima creado cos asistentes.

A continuación o alumnado de 4º de ESO que está realizando a actividade de  APADRIÑAMENTOS CIENTÍFICOS explicoulle ó Dr. Ángel Carracedo as experiencias prácticas de ciencias nas que titorizan a nenos e nenas de primaria.

Por último, para rematar tivo lugar a Tertulia Literaria Dialóxica titulada "Existe o TDAH?" na biblioteca escolar do CPI de Castroverde co alumnado e persoas da comunidade que quixeron asistir.
O CPI de Castroverde agradece en nome do seu alumnado, das familias e do profesorado toda a dedicación do Dr. Ángel Carracedo nas actividades que desenvolveu e que resultaron tan motivadoras para o noso alumnado. MOITAS GRAZAS!!!