VIAXE A LUGO

 

O día 22 de maio os alumnos/as de 3º e 4ºESO foron visitar a Facultade de Ciencias do Campus Terra de Lugo, sendo recibidos polo Decano José Mª Martínez Ageitos. Primeiro explicáronlles en que consistían e que saídas tiñan os dous graos que se imparten alí “ Grao en Enxeñería de Procesos Químicos Industriais” e “Grao en Nutrición Humana e Dietética”, logo repartidos en grupos de 6 alumnos/as pasaron ós distintos laboratorios donde fixeron prácticas relacionadas coa Química e a Bioloxía , gustándolles especialmente a luminiscencia observada na reación do luminol con peróxido de hidróxeno en presenza dunha sal e medio básico. E o grupo de Bioloxía de 4º ESO tamén foi á Facultade de Veterinaria visitar o Departamento e laboratorio de Xenética.