APRENDENDO A USAR O CONTEDOR MARRÓN

O alumnado de primeiro e segundo de primaria aprendeu, grazas a unha sesión organizada poloConcello de Castroverde, sobre o emprego do contedor marrón.

DÍA DAS BIBLOITECAS

Para celebrar o Día das Bibliotecas fixéronse distintas actividades como a lectura de Cocorico por parte de alumnas de 1º da ESO ao alumnado de Educación Infantil e o alumnado de 5 anos tamén  visitou a nosa biblioteca para escoitar un conto lido pola súa profesora. Gustoulles moito!
 
Asemade, organizouse un concurso de Knolling literario e fixemos entrega dos máis que merecidos premios. O xurado non o tivo nada fácil pola gran calidade das propostas presentadas. Noraboa ás gañadoras e gañadores e moitas grazas a todo o alumnado pola súa participación.

EXPOSICIÓN DE HALLOWEEN EN EI INFANTIL E PRIMARIA

Halloween 2024 de Isabel Pérez García

Un ano máis o alumnado de EI e primaria e as súas familias demostraron que rebordan creatividade, como mostran os taballos realizados e expostos na entrada do edificio de EI e Primaria. Todos os participantes recibiron un pequeno agasallo.

PREMIOS HALLOWEEN 2024 EN ESO

Un ano máis  o departamento de inglés  entregou os premios  e agasallos a todo o alumnado que colaborou nesta actividade.
Este ano o primeiro premio foi para Lola Veiga de 1° de ESO ,o segundo para Carla Martínez  de 2° de ESO  e o tercero para Sabela Palmeiro tamén de 2° de ESO. 
O resto do alumnado participante recibiú un agasallo que lles encantou e fixo sonar os ohhhhh! na sua aula.
Dende o departamento de inglés agradecemos  a colaboración,interese e dedicación neste tipo de actividades.

VISITA Á TORRE DE CASTROVERDE

O martes 29 de outubro o grupo de 2º da ESO visitou o castelo de Castroverde, unha fortaleza do século XIV. En lugar de dar a clase na aula, saímos camiñando ata a torre da homenaxe, aproveitando o sol dun día despexado. Alí, nos restos do que no pasado  foi un impresionante castelo de dúas hectáreas, aprendimos diferentes aspectos da vida medieval e, sobre todo, do noso castelo en concreto. Que importante é valorar o noso patrimonio!

Distribuir contenido