O 24 de outubro conmemorase o Día das Bibliotecas, ese lugar máxico onde os libros cobran vida, e que mellor maneira de celebralo que proxectando a película "Matilda".
Matilda, baseada na obra mestra de Roald Dahl, é unha historia que encarna o amor polos libros dunha maneira extraordinaria. A película preséntanos a unha nena prodixio cun apetito insaciable pola lectura. A través da súa astucia e valentía, Matilda demostra que os libros son portais a outros mundos, cheos de imaxinación e posibilidades.
Por iso, convidamos a todo o alumnado a visualizar esta película na nosa biblioteca. Grazas aos nosos voluntarios e voluntarias de biblioteca por facelo posible e lernos unhas páxinas desta obra. Descubrindo xuntos o encanto dos libros e a maxia que poden aportar ás nosas vidas.
Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro. Para conmemorar esta data tan especial, o alumnado do C.E.P Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán deberá resolver unha misión.
Cada día, un grupo de alumnos e alumnas adentrarase nesta aventura, a cal lles permitirá saber cal é o proxecto que se leva a cabo no centro durante este curso académico!
Moita sorte a todos /as!
Estamos seguros de que o conseguiredes!
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer