Seguimos a traballar a arte dende a biblioteca!
Despois de Retrátate con gusto que tivo un gran éxito comezamos con Quebrarte. En qué consiste esta actividade? Partimos da obra El Puchero de legumbres de Giuseppe Arcimboldo.
Unha vez que os nenos coñeceron este cadro, fixeron a súa propia obra, decorándoa o seu gusto. Cando estivo rematada crearon un crebacabezas coa mesma. Por último, intercambiáronse os crebacabezas para intentar completalos.
Ó igual que a anterior, esta actividade desenvolveuse durante os recreos.
Dende a Biblioteca estamos a traballar a arte durante os recreos. Unha das actividades que se están a levar a cabo é Retrátate con gusto. Todos aqueles nenos que o desexen poden transformar o seu retrato, empregando diferentes alimentos, en auténticas obras de arte como as seguintes.
Para ver todas as imaxes, prema aquí.
Aínda estades a tempo de apuntarvos e realizar o voso
Retrato con Gusto.
Animádevos!
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer