Skip to Content

Blogues

LISTADO LIBROS DE TEXTO 2018-19

1º NIVEL EP:

LENGUA Iniciación a la lectura I y II. SM. 978-84-348-6405-4 y 978-84-348-6406-1(Poden ser prestados, de anos anteriores)

Iniciación a la escritura 1 y 2. SM. 978-84-348-6408-5

Lecturas comprensivas 4. Editorial GEU. 978-84-9915-135-9

Lecturas comprensivas 6. Editorial GEU. 978-84-9915-137-3

LINGUA. Lingua 1 EP. Proxecto Tecelingua cuadrícula (20018). Xerais 978-84-9121-438-0

(Estará nas librarías a partires de agosto)

MATEMÁTICAS. Mochila Saber Hacer Contigo ed. 2018. Santillana 978-84-1411-110-9.

Mis problemas favoritos 1.2. 978-84-8491-963-6

CCNN. Caderno Ciencias da Natureza. Santillana. 978-84-9047-442-6

CCSS. Caderno Ciencias Sociais 1. Anaya. 978-84-678-4714-7

INGLÉS. Big Surprise! 1. Class Book+multi-ROM. 978-01-9451-620-4

 

2º NIVEL EP:

LENGUA. Lecturas comprensivas 7. Editorial GEU. 978-84-9915-138-0

Lecturas comprensivas 8. Editorial GEU. 978-84-9915-139-7

Lecturas comprensivas 9. Editorial GEU.  978-84-9915-140-3

LINGUA. Lingua + Tarefas e destrezas comunicativas. Santillana. 978-84-9972-776-9

MATEMÁTICAS.  Mochila Saber Hacer Contigo ed. 2018. Santillana 978-84-6804-747-8

Mis problemas favoritos 2.2. 978-84-8491-966-7

CCNN. Caderno Ciencias da Natureza. Santillana. 978-84-9972-704-2

CCSS. Caderno Ciencias Sociais 2. Anaya. 978-84-678-8456-2

INGLÉS.Big Surprise! 2. Class Book+multi-ROM. 978-01-9451-621-1

 

3º NIVEL EP:

MATEMÁTICAS: SABER HACER. EDITORIAL SANTILLANA. ISBN: 9788468012865

LINGUA GALEGA: LING. GALEGA 3º. APRENDER É CRECER EN CONEXIÓN. EDITORIAL ANAYA. ISBN: 9788467886559

LENGUA CASTELLANA 3º AULA ACTIVA. EDITORIAL VICENS VIVES. ISBN: 9788468220529

CIENCIAS NATURAIS 3º PRIMARIA PROXECTO CELME ISBN 978-84-9854-4275 ED. SM

CIENCIAS SOCIAIS 3º PRIMARIA PROXECTO CELME ISBN  978-84-9854-5166  ED. SM

INGLÉS: BIG SURPRISE 3 CLASSBOOK. ED. OXFORD 2007. AUTORA: S. MOHAMED . ISBN: 978-0194-5163-89 

BIG SURPRISE 3 ACTIVITY BOOK. ED. OXFORD 2007.AUTORA: S. MOHAMED.ISBN: 978-0194-5162-28

 

4º NIVEL EP:

LENGUA CASTELLANA 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. AULA ACTIVA. EDITORIAL VICENS VIVES. ISBN: 978 - 84- 682- 2835- 8.

LINGUA GALEGA 4º DE PRIMARIA. APRENDER É CRECER EN CONEXIÓN. EDITORIAL ANAYA. ISBN: 978- 84- 678- 8013- 7.

MATEMÁTICAS 4º DE PRIMARIA. PROYECTO SABER HACER. EDITORIAL SANTILLANA. ISBN: 978- 84-8305- 609- 7.

CIENCIAS DA NATUREZA 4º PRIMARIA. PROXECTO CELME. ISBN 9788498545289. EDITORIAL SM. ANO 2015.

CIENCIAS SOCIAIS 4º PRIMARIA. PROXECTO CELME. ISBN 9788498545272. EDITORIAL SM. ANO 2015

INGLÉS: BIG SURPRISE 4 CLASSBOOK. ED. OXFORD 2007.AUTORA: S. MOHAMED.ISBN:978-0194-516396

BIG SURPRISE 4 ACTIVITY BOOK. ED. OXFORD 2007. AUTORA: S. MOHAMED. ISBN: 978-01-94516235

 

5º NIVEL EP:

LENGUA CASTELLANA: PROYECTO LA CASA DEL SABER. SANTILLANA. ISBN: 978-84-294-93207

LINGUA GALEGA: PROXECTO A CASA DO SABER.OBRADOIRO-SANTILLANA.ISBN:978-84-8224-9629

MATEMÁTICAS: MATEMÁTICAS 5 GALICIA. ABRE LA PUERTA.ED. ANAYA. ISBN: 978-84-6788582-8. Nova edición.

CIENCIAS NATURAIS 5º PRIMARIA – PROXECTO CELME ISBN: 978-84-9854-6040. ED. SM

CIENCIA SOCIAIS 5º PRIMARIA – PROXECTO CELME ISBN: 978-84-9854-5173. ED. SM

 

6º NIVEL EP:

LENGUA CASTELLANA: PROYECTO SABER HACER 6º . SANTILLANA. ISBN: 978-84-680-31712

LINGUA GALEGA: PROXECTO SABER FACER 6º. OBRADOIRO-SANTILLANA. ISBN: 978-84-997-22184

MATEMÁTICAS: MATEMÁTICAS 6º. ED. ANAYA. ISBN: 978-846-7883039

CIENCIAS SOCIAIS:CIENCIAS SOCIAIS GALICIA 6º. XERME .ED. SM- 978-84-985-45302

CIENCIAS DA NATUREZA: CIENCIAS DA NATUREZA 6º- ED. SM-XERME- 978-84-985-45319

 

SALCEDA DE CASELAS, XUÑO 2018

NAVEGAMOS CON RUMBO POLO CIBERESPAZO

O alumnado de 5º participou nas charlas do programa "Navega con rumbo polo ciberespazo".

 

A Internet é divertida e útil. Podes buscar información para realizar os teus traballos e tamén coñecer e comunicarte cunha chea de persoas ou divertirte xogando. É un mundo infindo que che ofrece moitas posibilidades. Hai un principio común a todas elas: non fagas en Internet nada do que non farías na túa vida real. 

A World Wide Web converteuse no maior medio de comunicación da historia da Humanidade, superando mesmo á radio e á televisión. A comunicación humana evolucionou nas últimas décadas como nunca o fixera. Tamén nos nosos fogares e nos centros educativos a Internet se converteu nunha ferramenta imprescindible coa que comunicármonos, educar e traballar.

 

O DIRECTOR CINEMATOGRÁFICO RUBÉN RIÓS VISITA O CEP ALTAMIRA

Dentro das actividades levadas a cabo polo CEP Altamira ao longo deste curso, destácase a participación dentro do programa AULAS I+I: INCLUSIVAS E IGUALITARIAS, dentro do Plan Proxecta da Consellería de Educación.

 

O alumnado de 5º curso puido desfrutar coa presenza do director Rubén Riós e de Mónica Ferreiro,  actriz principal da curta "Vida". 

 

A inclusión no ámbito educativo é unha tarefa que está aparentemente resolta, con todo cómpre trasladarlle ao contorno educativo a necesidade de avanzar nela para desenvolver as mellores estratexias para levala á práctica.

A educación inclusiva manifesta avances significativos, malia que aínda non pasamos do formal ao real. Cómpre seguir a traballar para que a escola inclusiva sexa unha realidade. Ser inclusivo/a pasa necesariamente por adoptar na vida unha idea das capacidades diferentes e diversas das persoas diferente á que tiñamos ata hoxe, unha actitude de convivencia aberta e de crenza na dignidade, capacidade e posibilidades sen facer distingos nin apartes e comezando polos centros de ensino.

Este programa deseña esta aprendizaxe para levala aos centros, abre espazos nos que ver e palpar dignamente a inclusión, permite que os resultados acadados non queden ocultos senón expostos nun produto final elaborado polo centro no que os seus protagonistas expresan as súas reflexións, e a obra producida compártese co resto da comunidade educativa.

Obxectivo xeral

O obxectivo do programa Aulas I+I (aulas inclusivas e igualitarias) é sensibilizar a comunidade educativa da necesidade de afondar nas estratexias que favorezan a inclusión das persoas con diversidade funcional nas aulas xa que ainda que  a inclusión é unha realidade integrada nas aulas, resulta necesario desenvolver estratexias para levala á práctica dun xeito efectivo e identificar cales delas son as mellores para favorecela.

Os obxectivos xerais do programa son os seguintes:

  • Reflexionar sobre as posibilidades e os atrancos do alumnado con capacidades diferentes na escola.
  • Potenciar que o alumnado sexa parte activa na toma de decisións.
  • Producir un cambio metodolóxico nas aulas, que dea cabida a todo o alumnado.
  • Formar o profesorado nos procesos de igualdade e dereitos das persoas con capacidades diferentes.
  • Coñecer experiencias escolares inclusivas de éxito na escola.

VISITAMOS O CONGRESO FP INNOVA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

O alumnado de 5º de Primaria  visitou o Congreso FP Innova Galicia 2018, celebrado na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.Os 85 alumnos/as de 5º curso participan ao longo do curso no  Programa Atrévete dentro do Plan Eduemprende, ofertado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que pretende fomentar, motivar e sensibilizar no espíritu emprendedor.

O Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia constitúese como o marco de fomento do espírito emprendedor no sistema educativo de Galicia, e establece a estratexia do fomento da cultura emprendedora.


Na súa visita ao congreso, os rapaces levaron a cabo a experimentación en primeira persoa das novas tecnoloxías, coa participación nos diferentes obradoiros sobre robótica, realidade virtual, impresión 3D, electrónica, manexo de drons, madeira, artes gráficas, estética, hostalaría ou industrias alimentarias.

AULA DE ESTIMULACIÓN MULTISENSORIAL

 

 

Unha aula de estimulación multisensorial é un espazo habilitado para que os alumnos con algún tipo de necesidade educativa poidan interactuar co medio a través da estimulación dos seus sentidos. É un espazo ideal para traballar a través da relaxación e a estimulación, polo que se converte nunha contorna óptima para a educación especial.

A principal finalidade de os espazos ou aulas multisensoriais é que os nenos teñan a oportunidade de estar expostos a estímulos controlados con un dobre obxectivo: adquirir unha serie de aprendizaxes por medio do descubrimento e desenvolver o máximo potencial das súas habilidades escolares, sociais e intelectuais.

 

Características das aulas multisensoriais
Basicamente trátase dunha sala subdividida en diferentes espazos ou recunchos que polas súas características e compoñentes posibilita levar a cabo sesións de estimulación sensorial. Ademais de ter unha disposición que permita aos alumnos desprazarse con total seguridade, ata si utilizan cadeiras de rodas, estes espazos caracterízanse por:

. Unha iluminación tenue e sen deslumbramentos ou calquera outra circunstancias que puidese interferir co interior ou provocar a perda de concentración.
. Aínda que non fai falta que sexa un habitáculo insoronizado, si que ten que ser unha zona tranquila e libre de ruídos ou molestias sonoras.
. A cor debe estar en consonancia coa funcionalidade da aula. Por exemplo, si vai ser utilizada por alumnos con deficiencias visuais, as cores con contrastes poden resultar de gran axuda.

. Debe contar con elementos de seguridade pasiva: paredes e columnas acolchadas, conexións eléctricas seguras, ausencia de cantos perigosos, etc.
O obxectivo principal da estimulación multisensorial é o de mellorar as condicións de vida, traballar as sensacións, a percepción e o sensorial que son capacidades básicas do ser humano. Búscase así mellorar a asimilación da información sensorial que se lles ofrece optimizando a súa relación coa contorna e as súas aprendizaxes.

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2019/20

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO ESCOLAR 2019/20

 

NORMATIVA REGULADORA

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

GARANTÍA DE PERMANENCIA NO CENTRO DOCENTE E RESERVA DE PRAZAS

O alumnado matriculado nun centro docente público ou privado concertado ten garantida a súa permanencia nel nos termos establecidos no artigo 5.1 do Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo tanto, o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.

Sen prexuízo da garantía de permanencia, nais, pais ou representantes legais do alumnado poderán presentar solicitude de admisión noutro centro educativo na forma e dentro do prazo establecidos nesta orde e, ao mesmo tempo, deberán remitir ao centro de orixe copia da solicitude de admisión presentada no novo centro.

Os centros que admitan a alumnado procedente doutro centro, comunicaranlle a este a súa admisión. O alumnado que resulte admitido no novo centro perderá o dereito de permanencia no centro de orixe.

Se non desexa que o seu fillo/a continúe no centro no que está matriculado ou ao que está adscrito deberá facer renuncia expresa e por escrito no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión, pois a reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitudes de admisión noutro centro. (Por razóns organizativas pregámoslle que esta comunicación se faga ao centro educativo antes do 1 de marzo. Grazas)

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN:

O alumnado matriculado nun centro docente que desexe cambiar a outro centro, o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición cando o número de prazas dispoñibles sexa inferior á demanda, e o alumnado que solicite posto escolar por primeira vez, presentará a solicitude que deberá axustarse ao modelo normalizado do anexo II da citada orde.

Do 1 ao 20 de marzo en horario de 9:30 a 14:30 na Secretaría do CEP ALTAMIRA.

O impreso será facilitado na secretaría do centro, e tamén estarán disponibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/adminionalumnado) e na páxina web da consellería.

Esta solicitude será única e terá carácter vinculante.

Polo que cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais.

No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

No suposto de alumnado afectado por situación de violencia de xénero non será exixible o previsto no parágrafo anterior.

Cada solicitude poderá conter unha relación de ata seis centros, por orde de preferencia. No caso de que a persoa solicitante non fose admitida no centro indicado en primeiro lugar, aplicarase o procedemento para a adxudicación subsidiaria de postos escolares regulado no capítulo IV desta orde.

As persoas interesadas autorizarán expresamente á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a solicitar ante o Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas a información de identidade persoal necesaria para o proceso de admisión. De non autorizar esta consulta, deberán achegar copia do documento de identidade correspondente.

 

Documentación a presentar xunto coa solicitude

  • Libro de familia e DNI do neno/a , no caso de que o teña, (Fotocopias e orixinais ).

  • Convenio regulador ou resolución de separación xudicial ou divorcio, se é o caso, ( Fotocopia e orixinal).

  • As familias que soliciten praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) deberán achegar a documentación xustificativa das necesidades que se aleguen.

A solicitude de admisión deberá ir acompañada da documentación acreditativa de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do anexo II.

 

A documentación que se presente en calquera trámite do procedemento deberá ser orixinal ou copia cotexada.

Documentación cando a demanda de prazas escolares sexa superior á oferta

Logo de determinar que o número de solicitudes é superior ao de prazas ofertadas, o centro abrirá un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión, para achegar a documentación xustificativa dos criterios de baremo.

A presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo será entre o 22 de marzo e o 5 de abril. Por favor, entre estas datas achéguense ata os taboleiros para comprobar se hai que presentar nova documentación.

A presentación desta documentación ten carácter voluntario. A falta de presentación desta documentación impedirá valorar o criterio ou criterios para efectos de determinar a puntuación correspondente.

O consello escolar dos centros docentes públicos e a titularidade dos centros privados concertados poderán requirir, de forma motivada, a documentación complementaria que estimen necesaria para acreditar as situacións e circunstancias alegadas, concedendo un prazo de 5 días hábiles para a súa presentación.

A falta de presentación en prazo da documentación requirida impedirá ter por acreditado o criterio ou criterios afectados, e en consecuencia, impedirá valoralos para efectos de determinar a puntuación.

 

 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA 2019-20

Presentación da solicitude de admisión:

1-20 de marzo.

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo:

22 marzo – 5 de abril.

 

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas:

 

Antes do 25 de abril.

 

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas:

15 de maio.

 

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria:

20-30 de xuño.

 

APERTURA PRAZO ADMISIÓN 2018/19

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN<br />
CURSO 2018/2019

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reserva de praza no centro

 

RESERVA DE PRAZA

 

 

1-15 DE FEBREIRO

de orixe: para o alumnado

 

 

 

 

 

 

 

de 6º que reserva praza no

 

 

 

 

 

 

 

IES Pedras Rubias

 

OFERTA   DE   POSTOS

 

 

 

 

Publicación de postos

 

ESCOLARES

 

 

antes do 1 DE MARZO

escolares e vacantes

 

SOLICITUDES

DE

 

1- 20 DE MARZO

Presentación de solicitudes

 

 

 

 

 

 

ADMISIÓN

 

 

 

 

 

no centro

 

 

 

 

 

 

 

Presentación da

 

 

 

 

 

 

 

documentación necesaria

 

PRESENTACIÓN

DE

 

 

 

 

para baremar ditas

 

DOCUMENTACIÓN

 

 

22 MARZO- 5 ABRIL

solicitudes (soamente no

 

ACREDITATIVA

 

 

 

 

 

caso de que haxa máis

 

 

 

 

 

 

 

solicitudes que prazas e

 

 

 

 

 

 

 

que o centro o solicite)

 

 

 

 

Publicación

 

de

 

 

LISTAXES

 

 

listaxes   provisionais

25 DE ABRIL

 

PROVISIONAIS

 

 

de admitidos.

 

 

 

 

 

 

Publicarase

a

lista

 

 

LISTAXES DEFINITIVAS

 

definitiva

 

de

15 DE MAIO

 

 

 

 

admitidos

e

non

 

 

 

 

 

admitidos.

 

 

 

 

FORMALIZACIÓN

DE

 

Entrega de

 

 

20-30 XUÑO

 

MATRÍCULA

 

 

documentación

 

 

 

 

 

 

para a formalización

 

 

 

 

 

de matrícula.

 

 

DÍA DA PAZ 2018

Distribuir contido


 
 
 
 
 

by Dr. Radut