Skip to Content

VISITAMOS O CONGRESO FP INNOVA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

O alumnado de 5º de Primaria  visitou o Congreso FP Innova Galicia 2018, celebrado na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.Os 85 alumnos/as de 5º curso participan ao longo do curso no  Programa Atrévete dentro do Plan Eduemprende, ofertado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que pretende fomentar, motivar e sensibilizar no espíritu emprendedor.

O Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia constitúese como o marco de fomento do espírito emprendedor no sistema educativo de Galicia, e establece a estratexia do fomento da cultura emprendedora.


Na súa visita ao congreso, os rapaces levaron a cabo a experimentación en primeira persoa das novas tecnoloxías, coa participación nos diferentes obradoiros sobre robótica, realidade virtual, impresión 3D, electrónica, manexo de drons, madeira, artes gráficas, estética, hostalaría ou industrias alimentarias.



 
 
 
 
 

blog | by Dr. Radut