Skip to Content

NAVEGAMOS CON RUMBO POLO CIBERESPAZO

O alumnado de 5º participou nas charlas do programa "Navega con rumbo polo ciberespazo".

 

A Internet é divertida e útil. Podes buscar información para realizar os teus traballos e tamén coñecer e comunicarte cunha chea de persoas ou divertirte xogando. É un mundo infindo que che ofrece moitas posibilidades. Hai un principio común a todas elas: non fagas en Internet nada do que non farías na túa vida real. 

A World Wide Web converteuse no maior medio de comunicación da historia da Humanidade, superando mesmo á radio e á televisión. A comunicación humana evolucionou nas últimas décadas como nunca o fixera. Tamén nos nosos fogares e nos centros educativos a Internet se converteu nunha ferramenta imprescindible coa que comunicármonos, educar e traballar.

 



 
 
 
 
 

blog | by Dr. Radut