Skip to Content

Blogues

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

No CEP Altamira de Salceda de Caselas celebramos ao longo desta  semana a conmemoración do Día do Libro a través de diversos actos, coordinados dende o equipo de biblioteca.

As actividades levadas a cabo foron moitas e diversas: exposicións de traballos, concerto didáctico, animacións á lectura, exposición de libros e por último, un apadriñamento lector entre os diferentes cursos, no que os maiores lle ofrecían unha lectura aos máis pequenos.

O xoves, día do apadriñamento lector, contamos coa presenza e participación do Inspector do centro, Miguel Hernández.

Presentado por Montse Vaqueiro, directora do centro, foi o encargado de abrir o acto coa lectura do primeiro capítulo de El Quijote dende as instalacións de Radio Altamira, a emisora do centro.


A continuación levouse a cabo o apadriñamento entre cursos no patio do colexio. Finalmente, un grupo de alumnos pechou o acto coa interpretación de varias pezas musicais, a cargo da profesora de Música.

 

Dende a dirección do CEP Altamira agradecemos ao Sr. Inspector, Miguel Hernández a súa participación nestes actos e trasladamos os parabéns a alumnado e profesorado, con especial mención do equipo de biblioteca e de Música. 

 

PROGRAMA DE CONSUMO DE FROITAS NAS ESCOLAS


PLAN DE CONSUMO DE FROITA FRESCA

 

 

 

Dende o luns 20 de marzo ata o venres 24, o noso centro participará no programa de “Distribución e consumo de froita fresca nos centros escolares”, polo que lle proporcionaremos ao alumnado unha peza de froita fresca para consumir durante o recreo.

O obxectivo de dito plan é potenciar o consumo de froita e a longo prazo, potenciar hábitos alimenticios saudables.

Como en cursos anteriores, solicitamos unha subvención ao FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraría) para repartir froita fresca durante tres semanas ao longo do curso escolar.

 

 

Distribuir contido


 
 
 
 
 

by Dr. Radut