Skip to Content

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

No CEP Altamira de Salceda de Caselas celebramos ao longo desta  semana a conmemoración do Día do Libro a través de diversos actos, coordinados dende o equipo de biblioteca.

As actividades levadas a cabo foron moitas e diversas: exposicións de traballos, concerto didáctico, animacións á lectura, exposición de libros e por último, un apadriñamento lector entre os diferentes cursos, no que os maiores lle ofrecían unha lectura aos máis pequenos.

O xoves, día do apadriñamento lector, contamos coa presenza e participación do Inspector do centro, Miguel Hernández.

Presentado por Montse Vaqueiro, directora do centro, foi o encargado de abrir o acto coa lectura do primeiro capítulo de El Quijote dende as instalacións de Radio Altamira, a emisora do centro.


A continuación levouse a cabo o apadriñamento entre cursos no patio do colexio. Finalmente, un grupo de alumnos pechou o acto coa interpretación de varias pezas musicais, a cargo da profesora de Música.

 

Dende a dirección do CEP Altamira agradecemos ao Sr. Inspector, Miguel Hernández a súa participación nestes actos e trasladamos os parabéns a alumnado e profesorado, con especial mención do equipo de biblioteca e de Música. 

 



 
 
 
 
 

blog | by Dr. Radut