Skip to Content

5º e 6º Primaria

Os anuncios de 6º

O alumnado de 6º de primaria estivo a traballar este terceiro trimestre na expresión oral, e para elo realizou actividades de presentación, oratoria,... 

Entre todas estas actividades cabe destacar a elaboración por parte de cada alumno/a da presentación dun anuncio dun oficio, negocio ou establecemento. Algúns decidiron crear o anuncio sobre un negocio inventado mentres outros prefiriron anunciar algún dos negocios situados en Burela.

A continuación podedes ver algúns dos anuncios creados polos nosos nenos/as:

 

Adrián: Perruquería Enredo

 

Alba: Centro de Día "Coidando de Vós"

 

Amina: 3A Consultores

 

 

Lara: Centro Veterinario A Marosa

 

Iria: Profesión "Enfermeira"

 

Efren: Clínica EMD:

 

Sara: Pastelería A Mariña

 

 

Jorge: Pinceladas de Cor

 

Jaume: Ferretería Martelo 

 

 

 

 

 

 

EduExchange 2024

Como sabedes, o alumnado de 6º viaxou a Bélxica para convivir co alumnado do GBS Bosmier. Foi unha experiencia fantástica na que fixeron novos amigos/as, coñeceron ás súas familias de acollida, practicaron inglés, descubriron unha cultura distinta á que se tiveron que adaptar, visitaron Bruxelas e divertíronse moito tanto no cole coma en todas as actividades que organizaron alí. 

Aproximadamente, un mes despois, o alumnado belga visitounos en Burela, e tamén desfrutou dunha semana fabulosa, na que compartimos con toda a comunidade educativa actividades moi variadas: saídas pola contorna, comidas e ceas conxuntas, diversión na praia... Os lazos que comezaran en Balen, fortalecéronse na nosa vila.

Aquí podedes ver un vídeo cos mellores momentos e tamén moitas reflexións de alumnos/as, profes e familias de ambos colexios que reflexan o enriquecedora e máxica que foi a experiencia!

O alumnado de 6º aprende a debater

Ao longo desta última semana o alumnado de 6º de primaria estivo a realizar actividades para aprender a debater cos seus compañeiros/as de forma respetuosa.

Para elo o primeiro foi elixir un tema de actualidade sobre o que debater, temas moi interesantes pero tamén algún deles un pouco polémico.

Unha vez que se elixiron os temas a tratar, dividíronse en grupos de 3-4 nenos/as e repartironse os temas entre eles según as súas preferencias.

Xa cos temas decididos e os grupos feitos cada grupo tivo que buscar información para defender a postura do "sí" ou o "non". E a continuación facer un pequeno guión que lles axudase a defender a súa opinión durante a celebración do debate.

Hoxe venres o alumnado de 6ºA foi ata a aula de Polos Creativos e alí, aproveitanto o espazo e materiais da Radio Escolar, realizaron 4 debates sobre temas moi interesantes.

 

 

Nas seguintes imaxes podedes ver a celebración dos catro debates:

 Investigación con animais en laboratorios:

- Jorge, Efrén e Eric defenderon o "SI"

- Lara, Hugo, Jean Paul e Neidia defenderon o "Non"

 

Na sociedade actual hai igualdade total entre homes e mulleres.

- Álvaro, Lucas e Sara defenderon o "SI"

- Noa, Uxía e Gabi defenderon o "Non"

 

Asignatura de relixión nos colexios.

- Adrián, Iván e Christiano defenderon o "SI"

- Amina, Jaume e Javi defenderon o "Non"

 

 

Redes sociais e móbiles en menores de 14 anos:

- Iria, Adrián e Mila defenderon o "SI"

- Daleska, Paula e Alba defenderon o "Non"

 

 En 6°B realizaron a mesma actividade, tratando os temas: "Pena de morte", "Prostitución",  "A igualdade no deporte" e "Os touros".

Charla sobre Sexualidade

O pasado mércores recibimos a visita da Asociación "Dale una vuelta" para falarnos de emocións, da importancia de identificalas en nós e nos demais, de saber xestionalas; dos cambios físicos que virán por diante e debemos coñecer e aceptra; do perigo de compartir a nosa intimidade nas redes; da necesidade de autocoidarnos... Grazas ao Concello por esta actividade!

Distribuir contido


by Dr. Radut