Skip to Content

EduExchange 2024

Como sabedes, o alumnado de 6º viaxou a Bélxica para convivir co alumnado do GBS Bosmier. Foi unha experiencia fantástica na que fixeron novos amigos/as, coñeceron ás súas familias de acollida, practicaron inglés, descubriron unha cultura distinta á que se tiveron que adaptar, visitaron Bruxelas e divertíronse moito tanto no cole coma en todas as actividades que organizaron alí. 

Aproximadamente, un mes despois, o alumnado belga visitounos en Burela, e tamén desfrutou dunha semana fabulosa, na que compartimos con toda a comunidade educativa actividades moi variadas: saídas pola contorna, comidas e ceas conxuntas, diversión na praia... Os lazos que comezaran en Balen, fortalecéronse na nosa vila.

Aquí podedes ver un vídeo cos mellores momentos e tamén moitas reflexións de alumnos/as, profes e familias de ambos colexios que reflexan o enriquecedora e máxica que foi a experiencia!



blog | by Dr. Radut