Skip to Content

5º e 6º Primaria

Xente querida...

O alumnado de 6ºB describe a esa persoa especial á que tanto queren...Merece a pena escoitar ou ler as palabras que lles adican a avoas, avós, tías, irmáns, nais, pais... 

Queridos Reis Magos....

O alumnado de 6ºB escribe as cartas dirixidas ás súas Maxestades de Oriente, cartas cargadas das cousas realmente importantes, de desexos para a súa familia, para as persoas en xeral... para facer do noso mundo, un lugar mellor! 

CONCURSO Letras Galegas 2023

A Biblioteca pública de Burela entregou os premios ao alumnado que participou no concurso de narración e debuxo organizado con motivo do Día das Letras Galegas 2023.

Nas narracións: Jimena, Jorge e Iria (5º EP)

Nos debuxos: Naia (5ºEI) e Jimena, Uxía e Carla (5ºEP).

Estes traballos galardoados na fase local pasaron á fase provincial, en Lugo. A Biblioteca de Lugo entregou os premios o pasado xoves 29 de xuño. Jorge, Iria e Jimena foron premiados polas súas narracións e Naia e Carla, polos seus debuxos.

1º premio Concurso Doazón

O alumnado de 5º participou no deseño de carteis sobre a doazón e os transplantes de órganos, realizando propostas moi interesantes. De todas elas, o cartel de Jimena co seu lema "Non importa o órgano, agora toca doar e salvar vidas" obtivo o primeiro premio. Parabéns!

Distribuir contido


by Dr. Radut