Skip to main content

Blog de infantil

De todo un pouco...

Posted in

Aproveitando que xa somos uns expertos nas novas dinámicas e propostas, de vez en cando, facemos diferentes propostas de traballo na aula de carácter máis lúdico, manipulativo e vivencial. Así, empregamos dúas sesións nas cales cada unha das parellas debe pasar por cada actividade e facer as tarefas que nel se pedían.

RECANTO 1. Programar a DOC.

Así, eles mesmos escolleron o taboleiro no que querían traballar, a meta a que querían chegar, o itinerario a seguir e os turnos á hora de programar.

Nesta liña, este singular permite que os pequenos/as vaian achegándose progresivamente ós seguintes obxectivos:

  • Acceder a contidos curriculares dun xeito diferente.

  • Iniciarse nas linguaxes de  programación de manera natural e lúdica.

  • Desenvolver a aprendizaxe por indagación e por ensaio e error.

  • Valorar a robótica como un recurso máis para a súa aprendizaxe.

  • Despertar a curiosidade polo mundo da robótica.

Con este tipo de actividades, non só deben ubicar os animais (neste taboleiro concreto), senón tamén saber programar a DOC para chegar o seu destino. Por isto, as habilidades espaciais son vitais, xa que se non o robot non sería capaz de chegar a meta.

 

RECANTO 2. Mesa de luz.

A finalidade da mesa era realizar o conteo das moedas magnéticas e asocialas a grafía correspondente. Posteriormente, podían realizar as súas propias representacións artísticas cos materiais dos que dispoñían e explorar e experimentar coa luz, as sombras e as cores.

 

RECANTO 3: Cadrante do 100.

Continuamos intentando completar os cen números aínda que, nesta ocasión, cunhas pezas diferentes.

Recanto 4. Inocente, inocente.

Tan fácil como lanzar o dado, contar os puntos (patrón físico con significado) e tachar o número que representa a esa cantidad. Gaña o xogador que máis números consiga tachar. Un xogo moi fácil que os ten enganchados.

 Recanto 6. Creamos monstruos.

Seguimos con actividades de ABN para o traballo do pensamento lóxico - matemático. Nesta ocasión, elaboramos monstruos pegándolles os ollos que nos mandaba o dado.

Recanto 7.



 

 

As mulleres da nosa vida III. 8 M. Día Internacional da muller.

Posted in

E chegou o día de montar a instalación, polo que unimos as nosas imaxes e verbas a árbore da nosa vida con fíos, como os fíos invisibles que nos unen a elas diariamante. Velaquí tedes a nosa particular homenaxe as mulleres da nosa vida. GRAZAS!!!!

As mulleres da nosa vida II. 8 M. Día Internacional da muller.

Posted in

...E pintando, pintando....

 

Comezamos a escribir o que máis nos gustaba facer con esa muller ou porque era ela e non outra. Verbas que falan dende a inocencia de nenos/as menores de 6 anos, do que sinten, do que lles fai sentir ben, da importancia do tempo de calidade, do apoio desas persoas de referencia...

  

As mulleres da nosa vida. 8 M. Día Internacional da muller.

Posted in

Iniciamos esta proposta pedíndolles ós nenos/as que trouxesen fotos á aula sobre as mulleres da súa vida e, para iso, reflexionasen sobre porque eran importantes esas persoas. Así, unha vez foron chegando as diferentes imaxes, fixemos unha reflexión común sobre as devanditas mulleres e o porque da súa elección.

  

Porén, unha actividade que comezou sendo unha simple exposición oral sobre as mulleres da nosa vida, foi dando xiros e xiros e aterrou na nosa primeira instalación artística. Nesta liña, fixémonos con ramas de árbores secas (grazas profe Olaya polas túas excursións ó bosque!) e comezamos a crear a nosa árbore da vida que representa algo así como o ciclo vital. Nel, as raíces e o tronco simbolizan as bases e valores que nos acompañaran o resto da nosa vida e que son aportados, en grande medida, por esas mulleres que nos aportan calma, tranquilidad, sosiego, seguridade, pero sobre todo, felicidade.

Así, coa nosa idea clara, comezamos a pintar...

REXISTRO DO TEMPO

Posted in

Unha das cousas que facemos todos os días e rexistrar o tempo que vai... Para iso é fundamental achegarnos á xanela e ver se chove, se está nublado, se brilla o sol... Esas observacións apuntámolas todos os días, primeiro no calendario, onde debuxamos o que acabamos de ver e despois engadindo unha boliña no frasco correspondente...

 

 

Deste xeito ao rematar o mes podemos facer o rexistro grazas al cal estamos vendo alunhas diferenzas, por exemplo neste inverno comprobamos que non chovera moito porén fixo moitos días de nubes...Agora neste último rexistro de marzo vimos como os días de sol cada vez aparecen máis e máis... O bo tempo comeza a chegar, aínda que esta semana parece que voltamos ao inverno!

Como sabedes, unha vez remata o mes, entre todos e todas facemos o reconto, contrastámolo cos apuntamentos no calendario para comprobar que non nos esquecimos de meter ningunha boliña, e por último rexistrámolo en papel.

Ata agora o íamos facendo dun xeito grupal, pero o outro día cada quen quixo facer o seu propio rexistro, polo que axudándonos uns aos outros, contando, comprobando, pegando gomets e tamén quitando, que as contas non sempre saen á primeira... conseguimos ter o noso rexistro.

 

 

Cruzamos os dedos para que os vindeiros meses debuxemos calendarios con moitos, moitos "soles"!

A horta do San Isidro

Posted in

Todo comezou cando a piques de rematar o primeiro trimestre, unha compañeira trouxo á aula un kit de autocultivo de cogomelos para que de primeira man viramos como medraban día a día e puidésemos facernos cargo dos seus coidados. 

 

A partir desta idea, creamos o noso "Recanto da Natureza" onde fomos colocando as plantas que xa tiñamos na aula.

Ao investigar sobre os cogomelos descubrimos moitas cousas, unha delas era que precisaban moita humidade para medrar. Polo que puxémonos mans á obra e organizamos un calendario de riego onde cada día un/unha de nós responsabilizaríase dos seus coidados.
Que sorpresa levamos cando aos poucos días comezamos a ver como asomaban!

Unha vez grandes, fixemos a "colleita". Repartímolos, metímolos nuns saquiños, escribimos as tarxetas identificativas e levámolos para casa para poder ensinarllos ás familias, e o que quixera puidese engadilo nalgunha receita! 

 

A partir deste "expermiento" comezamos a plantar máis a miúdo. Polo día da PAZ, plantamos as famosas "sementes máxicas", collimos terra, fixemos o burato, engadimos a semente, identificamos co nome cada sementeiro e aos vindeiros días fíxose a maxia!! As nosas plantas medraban e nas follas podiamos ler a palabra "PAZ". 

Como vedes, o noso interese por plantar era cada vez maior!

Outro día a nosa compañeira trouxo á aula as plantas do amorodo. Na asemblea falamos sobre isto, vimos as raíces tan longas que tiñan e coñecimos como tiñamos que plantalas. Se todo vai ben, nos vindeiros meses teremos amorodos! Pero, que imos facer con eles? Non vos preocupedes que disto tamén falamos, faremos un batido de amorodos!!

 

A horta cada vez medra máis e máis... Polo momento xa plantamos espinacas, acelgas e xudías!

 

Coa chegada da primavera aproveitamos os raios de sol para facer as nosas tarefas agricolas no exterior! 

 

Xa vos seguiremos contando... Isto promete!!!!!

PROXECTO: "OS ANIMAIS". O CAMALEÓN.

Posted in

NA LIÑA DO NOSO PROXECTO DO TRABALLO, A PRIMEIRA PARADA ERA O ESTUDO DOS CAMALEÓNS. ENTRE OUTRAS MOITAS COUSAS, DESCUBRIMOS QUE ERAN OVÍPAROS, VERTEBRADOS, SALVAXES, QUE ALGUNHA ESPECIE ESTÁ EN PERIGO DE EXTINCION, O LUGAR ONDE VIVEN MAIORITARIAMENTE, ASÍ COMO AS DIFERENZAS ENTRE AS HEMBRAS E OS MACHOS, QUE OS SEUS CAMBIOS DE COR ESTÁN VINCULADOS ÓS ESTADOS DE ÁNIMO... UN MILLEIRO DE COUSAS INTERESANTES DOS MESMOS!!!

PORÉN, O QUE MÁIS ESPERTOU A NOSA CURIOSIDADE FOI QUE OS CAMALEÓNS TEÑEN O ENORME PRIVILEXIO DE TER VISIÓN ULTRAVIOLETA A MAIORES DA VISIÓN NORMAL QUE TEMOS OS SERES HUMANOS. PERO, QUE ERA ISO DA VISIÓN UVA? QUE A FACÍA INTERESANTE? QUE A DIFERENCIABA DA NOSA VISIÓN NORMAL?

MANS Á OBRA!!!!!! FOCO ULTRAVIOLETA, PINTURAS FLUORESCENTES E MOITAS GANAS DE PASALO BEN....

1º. PINTAMOS AS NOSAS ARTISTADAS COAS PINTURAS NEÓN.

2º. A NOSA SEGUNDA TAREFA ERA LAVAR BEN AS MANS, ASÍ COMO OS ÚTILES DE PINTURA, XA QUE DESPOIS, Ó ENCENDER O FOCO E APAGAR A LUZ...

DESCUBRIMOS OS QUE NON PERDERON MOITO TEMPO EN LAVARSE BEN.

TAMÉN PUIDEMOS VER COMO A NOSA ROUPA ÁS VECES BRILLABA ÓS OLLOS DO CAMALEÓN.

PERO O MÁIS SORPRENDENTE FOI VER AS NOSAS OBRAS DE ARTE.Sorprendido

 

 

CONTINUARÁ....

 

 

ENTROIDANDO

Posted in

O que nos gusta unha festa!!!!

Así, vinculado ó proxecto documental de centro "Neda no camiño", a nosa disfrace non podía ser outra que a famosa torta de Santiago. Por todo isto, a confección do mesmo foi íntegramente realizada polos nenos/as agás o cortado e montaxe do mesmo. Velaquí tedes o proceso.

 

Unha vez feita a nosa disfrace xa só quedaba poñer os nosos atuendos...

E COMER LAMPEIRADAS....

PERO, POR SUPOSTO, BAILAAAAAR!!!!

 

NON PODÍAMOS TERMINAR ESTA ENTRADA DO BLOGUE SEN COMPLETALA CON ESTAS OUTRAS IMAXES QUE NON PODEN QUEDAR NO OLVIDO.

 

 

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

Posted in

Así, quixemos preparar algo especial para o aniversario de Rosalía de Castro o 23 de febreiro, polo que tivemos a sorte de atopar a súa poesía "parece unha rosa". En el, dous pequenos, son chamados a lavarse nunha fonte tras o cal, ela parece unha rosa e el un repolo.

Nesta liña, decidimos darlle forma de rosa ó poema que eles escribiron nos "seu pétalos".

QUE VOS PARECE O RESULTADO???


Eu non podo estar máis orgullosa deles......ARTISTAZOS!!!!!

PROXECTO: "OS ANIMAIS"

Posted in

COMO XA SABEDES, LEVAMOS UN TEMPIÑO INMERSOS NO NOSO PROXECTO DE TRABALLO VINCULADO ÓS ANIMAIS. VELAQUÍ TEDES UNHA PEQUENA MOSTRA DE COMO VAI O PROCESO.

1º DEBATIMOS SOBRE QUE O QUE NOS GUSTARÍA APRENDER E DESPOIS DE VOTAR ENTRE VARIAS OPCIÓNS ESTA TEMÁTICA FOI A GAÑADORA. ASÍ, REFLEXIONAMOS SOBRE "QUE SABEMOS?" E "QUE QUEREMOS SABER?".

IGUALMENTE IMPORTANTE ERA, "ONDE PODEMOS BUSCAR TODA ES INFORMACIÓN?". ASÍ QUE ENTRE LIBROS, REVISTAS, INVESTIGAR NA TABLET, ORDENADOR E BIBLIOTECA, CREÍAMOS QUE UN DOS PUNTOS RELEVANTES AS FAMILIAS. ASÍ, DECIDIMOS PEDIR AXUDA.

UNHA VEZ FEITO TODO ISTO, COMEZAMOS A CONFECCIONAR UN PEQUENO RECANTO DO NOSO PROXECTO ONDE PODER IR A BUSCAR INFORMACIÓN SEMPRE QUE O PRECISASEMOS, POLO QUE INCLUÍMOS UNHA CAIXA CON MATERIAL CIENTÍFICO DO CAL PODER DATOS PARA A NOSA INVESTIGACIÓN. SON OS MATERIAIS DA NOSA BIBLIOTECA DE AULA QUE MÁIS NOS GUSTAN!!!

CHEGADOS A ESTE PUNTO, XA ESTÁBAMOS PREPARADÍSIMOS PARA POÑER Ó MÁXIMO O NOSO CEREBRO INVESTIGADOR. ASÍ, O PRIMEIRO PASO ERA CLASIFICAR OS ANIMAIS SOBRE OS QUE QUERÍAMOS INVESTIGAR. EN FORMATO PAPEL....

EMPREGANDO A RULETA, DE FORMA QUE CADA ANIMAL QUE SAÍA, DEBÍAMOS IDENTIFICALO E UBICALO NO LUGAR CORRESPONDENTE.

A TRAVÉS DE XOGOS APORTADOS POLOS PROPIOS NENOS/AS (GRAZAS FAMILIAS!!! SEN AS VOSAS APORTACIÓNS ISTO NON SERÍA POSIBLE!!! Vergoña) ASÍ, XOGAMOS A UBICALOS NO SEU HÁBITAT, NAS SÚAS CATEGORÍAS E MESMO FIXEMOS UN BINGO E UN MEMORI. FOI XENIAL!!!

NON SEI SE SE APRECIA BEN O QUE NOS GUSTA ESTAR TIRADOS POLO CHAN...Indeciso

IGUALMENTE, EMPREGAMOS A ROBÓTICA PARA POÑER A PROBA OS NOSOS COÑECEMENTOS.

 

 

CONTINUARÁ.....

 

Distribuir contido