OLA RAPACES E RAPAZAS!! QUE VOS PARECE SE HOXE EMPEZAMOS ESCRIBINDO PALABRAS. PODEDES ESCRIBIR PALABRAS QUE EMPECEN POLA LETRA DE ÁNGEL, AITOR, ARIANA E ANDREA. SABEDES CAL É? SEGURO QUE SI. TRÁTASE DA LETRAA.
TEDES QUE FACER UNHA LISTA CON PALABRAS QUE EMPECEN POR ESA LETRA E CONTAR OS APLAUSOS QUE TEÑEN. A VER CANTAS LOGRADES ESCRIBIR. LOGRAREDES ALGUNHA DE 3 APLAUSOS? ÁNIMO QUE O CONSEGUIDES
PARA REMATAR, QUE TAL ANDADES DE PUNTERÍA? A VER QUE VOS PARECE ESTE XOGO PARA PRACTICAR A PUNTERÍA. TAN SÓ NECESITADES UNHA GARRAFA DE AUGA E TAPÓNS OU BOLIÑAS DE PAPEL,...FACER UN FURADO NA GARRAFA QUE SIMULE A BOCA E DECORAR COMO QUEIRADES.
OLA NENOS E NENAS!! CHEGOU O LUNS, E COMO TODOS OS LUNS EMPEZAMOS CUNHA CANCIÓN PARA MOVER O CORPO. HOXE IMOS BAILAR CON ....JUAN PEQUEÑO
DESPOIS DE BAILAR IMOS CUN XOGO PARA PRACTICAR O CONTEO ATA 10 E O INICIO DA SUMA. SE TEDES POLA CASA UN DOMINÓ PODEDES CONTAR OS PUNTIÑOS DAS FICHAS PARA COLOCALAS NO NÚMERO QUE CORRESPONDA.
OLA NENOS E NENAS!! XA ESTAMOS A VENRES E COMO TODOS OS VENRES TRAEMOS UN CONTO. O CONTO DE HOXE VEN CHEIÑO DE ANIMAIS DE PRIMAVERA, ESCOITADE
DESPOIS DE ESCOITAR O CONTO, XA SABEDES, A FACER UN DEBUXO.
ESTE CONTO TEN MOTOS ANIMAIS, QUE TAL SE PROBADES A ESCRIBIR OS NOMES DESES ANIMAIS (ESCRIBIDE COMO VOS SABEDES, SE VOS QUEREN AXUDAR QUE VOS DIGAN O SONIDO DA LETRA)
E PARA REMATAR TEMOS UN EXPERIMENTO DE COLORES Y DE COMO CAMIÑA A AUGA
NECESITADES: 3 TARROS DE CRISTAL, COLORANTE DE 2 COLORES PRIMARIOS (AMARELO, VERMELLO OU AZUL) E 2 SERVILLETAS DE PAPEL
ENCHEMOS DOUS TARROS DE AUGA E BOTAMOS EN CADA UN UNHAS GOTAS DE COLORANTE PARA TEÑIR A AUGA (MÁIS CANTIDADE NO TARRO DE COLOR AMARELO, XA QUE É UNHA COR MOI CLARA).
COLOCAMOS OS TARROS EN FILA. NO MEDIO COLOCAMOS O TARRO BALEIRO. ENRROLLAMOS AS SERVILLETAS E POÑEMOS COMO NA FOTO
QUE PASARÁ NO TARRO DO MEDIO?
VEREDES COMO A SERVILLETA ACTÚA IGUAL QUE O TALO DAS PLANTAS.
OLA A TODOS!!! MIRADE QUE FAMILIA DE ÍNDIOS MÁIS SIMPÁTCA
ANIMÁDESVOS A FACELA? MIRADE SÓ NECESITADES UNS ROLLOS DE PAPEL HIXIÉNICO, FOLIOS, PEGAMENTO E ROTULADORES DE CORES.
NOS ROLLOS DE PAPEL HIXIÉNICO FACEMOS A CARA DOS INDIOS. PARA FACER O VESTIDO, FORRAMOS CUN PAPEL QUE ANTES TEMOS QUE DECORAR, E PARA DECORAR IMOS A TRABALLAR O GRAFISMO. ESCOLLEMOS QUE GRAFISMO NOS GUSTA E DECORAMOS O PAPEL. NA CABEZA TAMÉN DECORAMOS UN PAPEL CUN GRAFISMO. POR ÚLTIMO RECORTAMOS DÚAS PLUMAS E LLAS PEGAMOS. E XA TEMOS UN INDIO MOI VISTOSO!!!
DEIXOVOS UNHAS TARXETAS DE GRAFISMOS PARA QUE VOS INSPIREDES.
COMO ESTADES NENOS E NENAS? SEGURO QUE CON MOITAS GAÑAS DE COÑECER O QUE TRAEMOS HOXE
BEN...HOXE IMOS MOVERNOS POR TODA A CASA, PORQUE TEDES QUE BUSCAR COUSAS QUE TEÑAN ESTAS FORMAS:
A QUE FOI DEVERTIDO MOVERSE POR TODA A CASA. POIS AGORA TOCA CONTAR CANTAS COUSAS ATOPÁCHEDES DE CADA FORMA E ESCRIBIR O NÚMERO. ADEMÁIS PODEDES FACER COMPARACIÓNS MIRANDO DE QUE FORMA ATOPÁCHEDES MÁIS COUSAS, DE CAL ATOPÁCHEDES MENOS.
OLA A TODOS!!! AQUÍ ESTAMOS DE NOVO, DESPOIS DUN FIN DE SEMANA TAN LONGO. IMOS EMPEZAR MOVENDO TODO O CORPO BAILANDO O CHUCHUÁ
AGORA QUE XAESTAMOS BEN DESPERTOS IMOS CUNHA MANUALIDADE. XA ESTAMOS NO MES DE MAIO, O MES DAS FLORES, POR ISO PROPOÑEMOS QUE INTENTEDES FACER FLORES CON MATERIAIS QUE TEÑADES POLA CASA, COMO ROLLOS DE PAPEL HIXIÉNICO, HUEVERAS, MOLDES MAGDALENAS,...
OLA A TODOS, HOXE TRAEMOS UNHA MANUALIDADE PARA TRABALLAR A MOTRICIDADE FINA E AS SERIES E ADEMAIS POÑERNOS MOI GUAPOS E GUAPAS. IMOS FACER PULSEIRAS OU COLARES
PRECISADES PALLIÑAS DE CORES, LA, UNHAS TESOIRAS E MOITA PACIENCIA E IMAXINACIÓN. NON OLVIDEDES MONTALA FACENDO SERIES, VEREDES QUE CHULAS QUEDAN!
E PARA REMATAR QUE TAL SE ADIVIÑADES A PALABRA SECRETA (RECORDADE QUE TEDES QUE POÑER A LETRA POLA QUE EMPEZA CADA DEBUXO E LOGO LER CON AXUDA DUN ADULTO SE NON SABEDES SÓS)
OLA NENOS E NENAS!!! HOXE VOS TRAEMOS UNS XOGOS PARA QUE VAIADES TRABALLANDO OS NÚMEROS, ORDEANDO, RELACIONANDO, FACENDO A CORRESPONDENCIA COA CANTIDADE.
NON VOS OLVIDEDES DE PRACTICAR AS GRAFÍAS DOS NÚMEROS. PODEDES FACELO NUN FOLIO, NUNHA PIZARRA, NA CAIXA DE SAL QUE FIXEMOS A SEMANA PASADA, ONDE MÁIS VOS GUSTE
SO NECESITADES UNS VASOS DE PLASTICO, ESCRIBIR UN NÚMERO EN CADA UN....E XA ESTÁN LISTOS: PODEDES INTRODUCIR TANTAS PINZAS, MACARRÓNS, BOTÓNS,...COMO MANDA O VASO, PODEMOS ORDENALOS DENDE O 1 ATA O ÚLTIMO OU O REVÉS,...
AQUÍ TEDES UN VIDEO PARA CONTAR ATA 5 E FACER AS GRAFÍAS
OLA A TODOS E TODAS!! XA ESTAMOS A LUNS, UN LUNS DIFERENTE PORQUE A PARTIR DE ONTE XA PODEDES SAIR A PASEAR. QUE TAL O PASACHEDES? XA ERAN MOITOS DÍAS SEN SAÍR DA CASA, SEGURO QUE FOI MOI DIVERTIDO PODER SAÍR.
PERO SEGURO QUE VOTÁCHEDES DE MENOS PODER IR AO PARQUE E XOGAR COS AMIGOS, PORQUE O AMIZADE É MOI IMPORTANTE. POR ISO HOXE TEDES UN CORTO SOBRE A AMIZADE:
DESPOIS DE VER A PELÍCULA QUE TAL SE FACEDES UN DEBUXO CO VOSO MELLOR AMIGO OU AMIGA.
XA PARA REMATAR, TRAEMOS UN XOGO QUE CONSISTE EN LEVAR UNHA PELOTIÑA POR UN CAMIÑO QUE FACEMOS NUN FOLIO. A PELOTA A MOVEMOS SOPLANDO CUNHA PALLIÑA. É UN XOGO QUE TRABALLA O SOPLO O QUE VAI FORTALECER OS MÚSCULOS DA BOCA E A LINGUA, NECESARIO PARA UNHA BOA PRONUNCIACIÓN. MOI IMPORTANTE PARA O DESENROLO DO LINGUAXE A ESTAS IDADES.