Ola a todos e todas!!! Espero que todos sigades ben e con moitas gañas de empezar a traballar.
Empeza o 3º trimestre e seguimos sen poder voltar ao cole polo que seguiremos traballando na casa, recordade que temos as recomendacións que se diron cando empezou este confinamento, son xogos para facer na casa e seguir aprendendo, ademais, cada día iremos propoñendo algunha suxerencia.
O certo e que o estades facendo moi ben...non hai máis que ver todo o que traballades.
SODES UNS SUPERHEROES E SUPERHEROINAS!!!
Que vos parece se empezamos o día cunha canción para animarnos.
Veña a cantar e bailar!!!
Recordade que cada día na escola facíamos o calendario na asamblea, asique porque non seguir ca rutina, seguro na casa tedes algunha pizarra onde facelo ou sinon nun folio.
QUEREMOS DESEXARVOS UNHA FELICES VACACIÓNS AÍNDA QUE SEXAN ENCERRADOS NA CASA. TAMÉN DAR UN APLAUSO E UNHAS GRAZAS ENORMES A ESTES NENOS E NENAS QUE O ESTÁN LEVANDO TAN BEN E NON PERDEN NIN O SORRISO NIN AS GAÑAS DE APRENDER.
VOLTAREMOS O 14 DE ABRIL.
ÁNIMO!!! E GRAZAS TAMÉN ÁS FAMILIAS POLA VOSA IMPRESCINDIBLE COLABORACIÓN!!
Cada día na escola empezamos cunha asamblea onde traballamos o calendario, os números (contando os nenos e neas que viñeron ao cole e os que non viñeron, contando os días que pasaron do mes, as letras que ten o nome do encargado,...), as letras e as palabras a partir do nome do encargado do día (recoñecendo a letra pola que empeza o nome do encargado ou as letras que forman o nome do encargado, escribindo palabras que empezan pola primeira letra do encargado....).
Agora que estamos na casa vos propoño este rexistro para cada día, non hai encargado pero podemos traballar co nome do día e co número do día.
>>>PINCHADE NA IMAXE<<<
ÁNIMO CADA DÍA QUE PASA É UN DÍA MENOS QUE QUEDA PARA VERNOS!!!