Skip to Content

blogue deEquipo Directivo

DÍA DO LIBRO

 

   

O equipo da Biblioteca xunto Co noso Lermiño, desexánvos un FELIZ DIA DO LIBRO. Durante toda a semana estarán de festa e invitan os nenos/as a que visiten a biblioteca e disfruten dos  libros que temos, para iso poden aproveitar os diferentes espazos creados para disfrutar da lectura. Feliz semana a tod@s

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-2023

Información procedemento de admisión:

 

Vacantes:

 

Entroido

Estimadas familias: 

Queremos informalos das actividades que temos previsto realizar no colexio para  celebrar o Entroido. 

Lamentablemente, debido á situación da pandemia, vai ser unha celebración diferente á que nos gustaría,  xa que debemos limitar as interaccións entre os distintos grupos-clase, así como a participación das familias. Aínda así, e coas limitacións mencionadas, pretendemos darlle a maior normalidade posible e facelo máis  ou menos semellante aos entroidos de anos anteriores. Por iso solicitamos a vosa colaboración para que os nenos e  nenas ao longo da próxima semana veñan á escola con elementos diferentes. A proposta quedaría así:

Luns: algo na cabeza: sombreiro, coroa, lazo...

Martes: pixama.

Mércores: calcetíns longos, diferentes e visibles.

Xoves: mandil decorado.

Venres: disfraz libre.

O venres os recreos durarán algo máis do habitual e  en cada aula repartiranse postres típicos  de entroido (orellas, rosquillas...). Se algún neno ou nena é alérxico/a ou intolerante as estes produtos, debe traelos  da súa casa, cos ingredientes que poida tomar. 

Agradecemos a vosa colaboración. 

Un saúdo cordial. 

Profesorado do CEIP de Roxos 

Roxos, 17 de febreiro de 2022

 

CARTEL

 

 

1 Cole 1 Bosque

Dende o concello de Santiago, con motivo da participación do Carballo do Banquete de Conxo no concurso da árbore europea 2022, convídannos a participar nun reto que consiste en conseguir 500 votos para o Carballo de Conxo  nunha franxa de 3 horas.

O CEIP de Roxos escolleu a franxa do venres, día 18 de febreiro de 18:00 a 21:00 horas, (poderanse emitir tantos votos, como contas de correo electrónico teñamos).

Se conseguimos o reto dos 500 votos o concello plantará un bosque con 500 árbores que levará o nome do noso colexio.

Así que xa sabedes... se o conseguimos teremos a placa do CEIP de Roxos vendo crecer un bosque que formará parte das zonas verdes da nosa cidade.

Tedes   a información da forma de votar e o reto a conseguir no seguinte  ENLACE

Preguntas frecuentes sobre a xestión epidemiolóxica nos centros educativos xaneiro 2022

Dende aquí tendes acceso ás preguntas frecuentes sobre o Covid publicadas pola Consellería de Educación o día 20 de xaneiro.

ENLACE

Proposta E.D.L

Estimadas familias:

    Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega volvemos solicitar a vosa colaboración para unha actividade moi sinxela, semellante á que fixemos no mes de novembro.

    Neste mes de xaneiro, cada neno e nena debe traer escrito nun papel que van levar os nenos e nenas un nome de persoa de home e outro de muller en galego. Deben ser nomes que non se digan da mesma forma en castelán. Por exemplo, serviría Antía (nome galego), pero non Daniel (ten a mesma forma en galego e en castelán).

    Para esta actividade os nenos e nenas van levar a silueta dunha cara. Na parte superior (o que sería o pelo) pódese escribir un nome e na parte de abaixo outro. As letras deben ser ben visibles e as siluetas pódense decorar ou colorear.

    Como no caso anterior, o obxectivo é recompilar unha ampla relación de nomes en galego, que logo serán expostos nos corredores do colexio.

    A data límite para entregar os traballos é o día 31 de xaneiro. Van quedar expostos nos corredores do colexio, xunto ás palabras que xa trouxeron e as que irán traendo nos seguintes meses.

    Agradecemos de antemán a vosa colaboración.

    Un saúdo.

Roxos, 20 de xaneiro de 2022

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Felicitación Biblioteca

Distribuir contido


by Dr. Radut